Regatas

XVI REGATA CLUB NAUTICO PORTONOVO “Memorial Paco Alvariñas” CRUCEIROS ORC, A DOUS e VETERANOS JCH

LUGAR: Ría de Pontevedra
DATAS: 14/07/2018 - 15/07/2018
Data límite inscrición: Prazo pechado.

 

XVI REGATA CLUB NAUTICO PORTONOVO
“Memorial Paco Alvariñas”
CRUCEIROS ORC, A DOUS e VETERANOS JCH

Trofeo Especial Previsonor
Trofeo Casino La Toja
Puntuable Circuito Rías Baixas “A Dous”


1.- ORGANIZACIÓN
Correrá a cargo do CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO, de acordo co Regulamento Internacional de Regatas da WS, coa colaboración da Real Federación Galega de Vela, Previsonor, Casino La Toja, Galicia Calidades, Deputación de Pontevedra, YPMarinas, Gadis e Asnauga.

2.- LUGAR E DATAS
A Regata celebrarase en augas da ría de Pontevedra, os días 14 e 15 de xullo de 2018.

3.- REGRAS
3.1 A regata rexerase por:
a) As regras de regata tal e como defínense no Regulamento de Regatas a Vela da
WS 2017-2020 (RRV).
b) Regulamento Técnico de Cruceiros (RTC 2018) e Anexos en vigor
c) Regulamento de Medición IMS (só para cruceiros ORC)
d) Regulamento do Sistema de Rating ORC (só para Cruceiros ORC)
e) Regras Especiais para Regatas na Alta Mar da WS (OSR), Categoría 4ª
f) Regras do Rating JCH (Barcos Veteranos)
g) Regulamento do Circuito Rías Baixas de Cruceiros “A Dous”
h) Anuncio e Instruccións da Regata (que poderán modificar o presente Anuncio)

4.- PARTICIPACIÓN 
Os participantes deberán cumprir as condicións de elixibilidade reflexadas na Regulamentación 19 da World Sailing (WS).

CRUCEIROS ORC e A Dous: Os participantes de nacionalidade ou residencia legal en España deberán estar en posesión da Licenza Federativa de deportista estatal para o 2018.
A participación nesta Regata en ORC queda limitada a Crucerios dun solo casco, con eslora mayor de 6,20 metros, con Certificado ORC u ORC Club válido para o 2018 e cun GPH menor de 780 seg/milla., debendo ter declaración de velas completa, incluindo o seu spinnaker, gennaker, etc.. O que non o teña declarado, poderá participar, pero penalizándosele cun 25% sobre o tempo real que faga na regata”
Caso de non ter certificado, o Comité de Regatas poderá achegar un certificado estimado e penalizado, non admitíndose reclamacións ao respecto.

BARCOS CLÁSICOS/VETERANOS: Calquera Barco Monocasco de Vela, que teña quilla corrida ou clásica e en xeral, todo aquel Cruceiro que teña unha antigüidade mínima de 35 anos no presente (botado antes do 01/01/1983) e estea en posesión dun Certificado de rating JCH expedido pola Jauge Classique Classic Handicap ( http://www.jch-online.org/GB/feuille_jauge_GB.html ), con FTC menor de 0.8700, si non, o asinará o Comité de Regatas, non admitíndose reclamacións ao respecto.
Deberán ter actualizado un seguro que cubra a todos os tripulantes que leven a bordo, independentemente do de Responsabilidade Civil e danos a terceiros por unha cobertura mínima de 336.556,66 € e extensión de póliza para participación en regatas non profesionais.
Ademais, deberán estar en posesión da Licenza Federativa Galega de Vela do ano en curso.

5.- INSCRICIÓNS 
5.1) As Inscricións serán Obrigatorias e Gratuítas.
5.2) As inscricións formalizaranse necesariamente no formulario adxunto ou similar, achegando: - Fotocopia das licenzas do ano 2018 - Fotocopia do Certificado ORC ou JCH en vigor. - Fotocopia do seguro - Permiso de Publicidade se é que leva
5.3) As inscricións, xunto coas fotocopias dos Certificados e Licenzas, remitiranse por correo, mensaxería, Fax ou correo electrónico a:

Club Náutico de Portonovo
Rúa Rafael Picó 44 1º
Portonovo -Pontevedra - España
Tel.: 986 72 32 66 Fax: 986 724 175
E-mail: nauticoportonovo@hotmail.com e info@desmarque.es

A data límite de inscrición é o 13 de xullo ás 20:00 horas. 
O Comité Organizador resérvase o dereito de ampliar dito prazo.

6.- PARTICIPANTES E REXISTRO
6.1 O responsable de cada barco deberá formalizar, rexistrar, presentar as licenzas da tripulación e asinar o formulario de Rexistro, na oficina de regatas antes das 13:30 horas do día 14 de xullo, no C.N. Portonovo.
6.2 O Comité de Regatas poderá aceptar cambios na relación de tripulantes, previa solicitude.

7.- PUBLICIDADE 
Os participantes poderán exhibir publicidade de categoría C de acordo coa regulamentación 20 da WS.
Así mesmo, o Comité organizador poderá esixir aos participantes que leven un adhesivo en senllas amuras de proa co nome do patrocinador.

8.- CLASIFICACIÓNS E PUNTUACIÓN
 8.1) As Clasificacións para ORC en tripulacións completas serán de acordo coas Regras do RTC, OCEAN PCS u OFFSHORE OSN, aplicándose ademais o sistema de Puntuación Baixa do RRV.
8.2) As Clasificacións para ORC A Dous, serán de acordo coas Regras do RTC OFFSHORE OSN, utilizándose os datos do seu certificado en tripulación reducida (Double handed), aplicándose ademais o sistema de Puntuación Baixa do RRV.
8.3) As Clasificacións para Clásicos/Veteranos JCH faranse de acordo cos tempos compensados que se obterán para cada barco segundo a fórmula: TC (Tempo Compensado) = FTC (de cada barco) X Tempo Real en segundos Vencendo que obteña menor tempo compensado.
8.4) á vista das inscricións realizadas e en canto se comprobe a súa participación efectiva na regata, o Comité de Regatas e Comité Organizador establecerán as clases e os cortes destas buscando a maior equidade posible, non admitíndose reclamacións ao respecto.
Inicialmente os grupos serán os siguintes,
CLASE PREVISONOR (Clase ORC 1) CLASE CASINO LA TOJA (Clase ORC 2) CLASE GADIS (Clase ORC 3) CLASE GALICIA CALIDADE ( Clase A Dous) CLASE YPMARINAS (Clásicos/Veteranos)

9.- PERCORRIDOS E HORARIOS
O Sábado 14 de xullo a Sinal de saida darase ás 15:00 horas.
1ª PROBA: Percorrido costeiro con saída nas inmediacións do Club Náutico de Portonovo, previsoiramente dando a volta as Illas de Ons e Onza e chegada novamente en Portonovo.
Caso de mal tempo, poderá facerse un percorrido alternativo.
O Domingo 15 de xullo a Sinal de saida darase ás 13:00 horas.
2ª PROBA: Percorridos según as distintas clases inscruitas, de Barlovento/sotavento ou Costeiro corto pola ría e Faros da mesma con saída e chegada en Portonovo.
Os percorridos exactos coas balizas a virar, especificados nas instruccións de regata, indicaranse aproxim. 10 minutos antes da sinal de atención polo canal 69 do VHF.

10.- INSTRUCIÓNS DE REGATA
Estarán a disposición dos participantes na Secretaría/Conserxería do Club e Webs do mesmo a partir do día 12 de Xullo.