Regatas

XII REGATA DE CRUCEIROS CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO. TROFEO HOTEL GALATEA-OCA HOTELS

LUGAR: Ría de Pontevedra
DATAS: 23/08/2008 - 24/08/2008
Data límite inscrición: Prazo pechado.

 

ANUNCIO DE REGATA

1.- ORGANIZACIÓN
Correrá a cargo do CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO, dacordo co Regulamento Internacional de Regatas da ISAF, e coa colaboración da Federación Galega de Vela.

2.- LUGAR E DATAS
La Regata se celebrará en aguas da ría de Pontevedra, los días 23 y 24 de agosto de 2008.

3.- REGLAS
3.1 A regata rexirase por:

a. As reglas de regata tal e como se definen no Regulamento de Regatas a vela da ISAF 2005-2008 (RRV).
b. O regulamento Técnicos de Cruceiros 2008 (RTC) e Anexos.
c. O regulamento de Medición I.M.S.
d. As reglas IMS de Habitabilidade e Equipo.
e. A regata considerase de categoría 4º do ORC.
f. Prescricións da R.F.E.V.
g. Anuncio e Presentes Instruccións de Regata.

3.2 A regata clasificarase de Categoría B segundo a regla 79 e o Apéndice G do RRV.

3.3 Penalizacións Alternativas por Infracción dunha regla da Parte 2 do RRV.

a. Aplicarase a penalización de Xiros de 720º, da regla 44.1 e 44.2 do RRV.
b. O barco que acepte unha penalización alternativa deberá cubrir e presentar un formulario de recoñecemento de infracción na Oficina de Regatas antes de finalizar o prazo para protestar.

4.- PARTICIPACIÓN
Os participantes deberán cumplir as condicións de elexibilidade reflexadas no apéndice 2 do R.R.V. e nas Prescricións da RFEV a dito Apéndice.
Os participantes de nacionalidade ou residencia legal en España deberán estar en posesión da Licencia Federativa de deportista estatal para o 2008.
Poderán participar na XII Regata Club Náutico de Portonovo Trofeo Hotel Galatea Oca Hotels:

DIVISIÓN IMS. Poderán participar calquer Cruceiro a vela dun só casco e cun mínimo de 6.75 metros de eslora, con certificado de Medición Válido IMS 2007 (Club ou Standard). No caso de non ter certificado, o Comité de Regatas poderá axuntar un certificado estimado e penalizado, non admitíndose reclamacións ó respecto. Os barcos con un tripulante ou máximo dous tripulantes (Patrón e Tripulante) poderán usar o piloto automático, baixo a súa responsabilidade en regata.

5.- INSCRICIÓNS
5.1 As inscricións formalizaranse necesariamente no formulario adxunto ou fotocopia.

Fotocopia das licencias do ano 2008.
Fotocopia dos Certificados 2008.
Fotocopia do seguro.

5.2 As inscricións, xunto coas fotocopias de certificados, remitiranse por correo, mensaxería, fax ou correo electrónico a:

Club Náutico de Portonovo
Rúa Rafael Picó 44 1º, Portonovo -Pontevedra - España
Tel.: 986 72 32 66 Fax: 986 724 175
E-mail:
nauticoportonovo@hotmail.com

A data límite de inscrición é o 22 de agosto ás 20:00 horas. O Comité Organizador reservase o dereito de ampliar dito prazo.

6.- PARTICIPANTES
6.1 O participante ou responsable de cada barco deberá formalizar, rexistrar, presentar as licencias da tripulación e asinar o formulario de Rexistro, na oficina de regatas antes das 11:30 horas do día 23 de agosto, no C.N. Portonovo.

6.2 O Comité de Regatas poderá aceptar cambios na relación de tripulantes, previa solicitude.

7.- PUBLICIDADE
A Regata considerase de categoría B.

8.- CLASIFICACIÓNS E PUNTUACIÓN
As Clasificacións serán dacordo coas Reglas de RTC, OFFSHORE OSN (GPH) (GPH Tempo sobre distancia), aplicándose o sistema de Puntuación baixa do R.R.V.

9.- PERCORRIDOS
Na Ría de Pontevedra (Carta 9251).

O sábado 23 de agosto - Segundo o xuiz de Regata
1ª PROBA: Saída nas inmediacións do Club Náutico de Portonovo.

O domingo 24 de agosto.

10,30 horas almorzo para os regatistas no C.N.Portonovo

2ª PROBA: Recorrido Costeiro con saída desde Portonovo.

Os recorridos indicaranse 10 minutos, aproximadamente, antes do sinal de atención polo canal 9 V.H.F.

10.- INSTRUCIÓNS DE REGATA
Estarán a disposición dos participantes nas oficinas que o Club ten no porto deportivo.

11.- XURADO
Está constituido polos oficiais de regatas, podendo nomear vogais ou auxiliares que estime oportuno.

12.- SEGURIDADE
A efectos de Seguridade, a Regata considerase de cuarta categoría, segundo o Regulamento de Seguridade para Regatas en alta mar da O.R.C.

13.- PREMIOS E EVENTOS
Adxudicaranse os seguintes premios: O Primeiro, Segundo e Terceiro Clasificados da xeral de cada clase. A entrega de Trofeos realizarase o Domingo 24 no Hotel Galatea ás 19:30 horas. Faranse sorteos de prendas deportivas e agasallos dos patrocinadores entre os tripulantes das embarcacións participantes.

14.- RESPONSABILIDADE
Tódolos que participen nesta Regata farano baixo o seu propio risco e responsabilidade. O Comité Organizador e de Regatas ou calquer persoa ou organismo involucrado na organización do evento rexeita toda responsabilidade por perdas, danos, lesións ou molestias que poideran acaecer a persoas ou cousas, tanto en terra coma na mar, como consecuencia da súa participación. "UN BARCO É O ÚNICO RESPONSABLE DA SÚA DECISIÓN DE TOMAR OU NON A SAÍDA OU DE CONTINUAR REGATEANDO”.

15.- OUTROS ASPECTOS
O Comité de Regatas reservase o dereito de modificar algún dos puntos descritos no presente Anuncio de Regata, por causa de forza maior.

O COMITÉ