Regatas

VI REGATA CLUB NÁUTICO PORTONOVO - CRUCEIROS IV TROFEO CASINO LA TOJA

LUGAR: Ría de Pontevedra
DATAS: 19/07/2008 - 20/07/2008
Data límite inscrición: Prazo pechado.

 

ANUNCIO DE REGATA

1.- ORGANIZACIÓN
Correrá a cargo do CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO, de acordo co Regulamento Internacional de Regatas da ISAF, e coa colaboración da Federación Galega de Vela.

2.- LUGAR E DATAS
A Regata celebrarase en augas da ría de Pontevedra, os días 19 e 20 de xullo de 2008.

3.- REGRAS
3.1 A regata rexerase por:

a. As regras de regata tal e como se definen no Regulamento de Regatas a vela da ISAF 2005-2008 (RRV).
b. O regulamento Técnicos de Cruceiros 2008(RTC) e Anexos.
c. O regulamento de Medición I.M.S.
d. As regras IMS de Habitabilidade e Equipo.
e. A regata considerarase de categoría 4º do ORC.
f. Prescricións da R.F.E.V.
g. Anuncio e Presentes Instrucións de Regata.

3.2 A regata clasifícase de Categoría B segundo a regra 79 e o Apéndice G do RRV.

3.3 Penalizacións Alternativas por Infracción dunha regra da Parte 2 do RRV.
a. Aplicarase a penalización de Xiros de 720º, da regra 44.1 e 44.2 do RRV.
b. O barco que acepte unha penalización alternativa deberá cubrir e presentar un formulario de recoñecemento de infracción na Oficina de Regatas antes de finalizar o prazo para protestar.

4.- PARTICIPACIÓN
Os participantes deberán cumprir as condicións de elixibilidade reflectidas no apéndice 2 do R.R.V. e nas Prescricións da RFEV a dito Apéndice.
Os participantes de nacionalidade ou residencia legal en España deberán estar en posesión da Licenza Federativa de deportista estatal para o 2008.
Poderán participar na IV Regata Club Náutico de Portonovo Trofeo Casino La Toja:

DIVISIÓN IMS. Poderá participar calquera Cruceiro a vela dun só casco e cun mínimo de 6.75 metros de eslora, cun certificado de Medición Válido IMS 2008 (Club ou Standard). En caso de non ter certificado, o Comité de Regatas poderá adxuntar un certificado estimado e penalizado, non admitíndose reclamacións ó respecto. Os barcos cun só tripulante ou máximo dous tripulantes (Patrón e Tripulante) poderán usar o piloto
automático, baixo a súa responsabilidade en regata.

5.- INSCRICIÓNS
5.1 As inscricións formalizaranse necesariamente no formulario adxunto ou fotocopia.
Fotocopia das licenzas do ano 2008.
Fotocopia dos Certificados 2008.
Fotocopia do seguro.
5.2 As inscricións, xunto coas fotocopias de certificados, remitiranse por correo, mensaxería, fax ou correo electrónico a:

Club Náutico de Portonovo
Director Técnico: J. L. Pérez Sobral
Rúa Rafael Picó 44 1º
Portonovo -Pontevedra - España
Tel.: 986 72 32 66 Fax: 986 724 175
E-mail: nauticoportonovo@hotmail.com

A data límite de inscrición é o 18 de xullo ás 20:00 horas. O Comité Organizador resérvase o dereito de ampliar dito prazo.

6.- PARTICIPANTES
6.1 O participante ou o responsable de cada barco deberá formalizar, rexistrar, presentar as licenzas da tripulación e asinar o formulario de Rexistro, na oficina de regatas antes das 11:30 horas do día 19 de xuño, no C.N. Portonovo.
6.2 O Comité de Regatas poderá aceptar cambios na relación de tripulantes, previa solicitude.

7.- PUBLICIDADE
A Regata considérase de categoría B.

8.- CLASIFICACIÓNS E PUNTUACIÓN
As Clasificacións serán de acordo coas Regras do RTC, OFFSHORE OSN (GPH) (GPH Tempo sobre distancia), aplicándose o sistema de Puntuación baixa do R.R.V.

9.- PERCORRIDOS
Na Ría de Pontevedra (Carta 9251).

O Sábado 19 de xullo 􀃆 Segundo xuíz de Regata
1ª PROBA: Saída nas inmediacións do Club Náutico de Portonovo.
O Domingo 20 de xullo o Sinal de atención darase ás 12:00 horas.
2ª PROBA: Percorrido Costeiro con saída desde Portonovo.

Os percorridos indicaranse 10 minutos aproximadamente antes do sinal de atención polo canal 9 V.H.F.

10.- INSTRUCIÓNS DE REGATA
Estarán a disposición dos participantes na Secretaría/Conserxería de Club.

11.- XURADO
Está constituído polos oficiais de regatas, podendo nomear vogais ou auxiliares que estime oportuno.

12.- SEGURIDADE
A efectos de Seguridade, a Regata considérase de cuarta categoría, segundo o Regulamento de Seguridade, para Regatas en alta mar da O.R.C.

13.- PREMIOS E EVENTOS
Adxudicaranse os seguintes premios: Ó Primeiro, Segundo e Terceiro Clasificados da xeral de cada clase. A entrega de Trofeos realizarase o Domingo 20 nos locales do Club Náutico, ó finalizar a regata, (a hora comunicarase no taboleiro do Club Náutico).

14.- RESPONSABILIDADE
Todos os que participen nesta Regata fano baixo o seu propio risco e responsabilidade. O Comité Organizador e de Regatas ou calquera persoa ou organismo involucrado na organización do evento rexeita responsabilidade ningunha por perdas, danos, lesións ou molestias que puideran acaecer a persoas ou cousas, tanto en terra coma no mar, como
consecuencia da súa participación. "UN BARCO É O ÚNICO RESPONSABLE DA SÚA DECISIÓN DE TOMAR OU NON A SAÍDA OU DE CONTINUAR REGATEANDO ".

15.- OUTROS ASPECTOS
O Comité de Regatas resérvase o dereito de modificar algún dos puntos descritos no presente Anuncio de Regata, por causa de forza maior.
COMITÉ

16.- PROGRAMA SOCIAL
O sábado 19 a partires das 20;30 horas, nas instalacións do Casino La Toja, terá lugar unha recepción coa entrega de polos e sorteos de regalos ás tripulacións e invitados.