Regatas

REGATA CLUB NÁUTICO PORTONOVO - TROFEO ESTRELLA SEGUROS

LUGAR: Ría de Pontevedra. Illa de Ons
DATAS: 19/07/2003 - 20/07/2003
Data límite inscrición: Prazo pechado.

 

ANUNCIO DE REGATA

O Club Náutico de Portonovo, en virtude das facultades que outorga a regra 87.2 do regulamento de Regatas, establece o seguinte anuncio:

DATAS DE CELEBRACIÓN:
19 e 20 de xullo 2003

LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Ría de Pontevedra. Illa de Ons

 

REGRAS:
A REGATA C.N. DE PORTONOVO TROFEO ESTRELLA SEGUROS vaise disputar dacordo coas prescripciòns de acordo da R.F.E.V. Regulamento de competicións, Regulamento Técnico de Cruceiros, Regulamento de Seguridade de R.F.E.V; as Regras I.R.C., o presente anuncio e as instruccións de Regata.

PARTICIPANTES:
A.- Dependendo da asistencia e número de barcos, poderanse face-las seguintes divisións:
     - División I.R.C. (Cruceiro e Regata)
     - División Especial.

B.- As embarcacións que participen nas Divisións de Regata e Cruceiro Regata deberán estar en posesión do Certificado de Medición I.R.C.

C.- As embarcacións que participen na División Especial e non dispoñan de certificado de medición, adxudicaráselles un aproximado que decidirá o Comité de Regatas; non admitíndose reclamacións sobre ese punto.

INSCRICIÓNS:
As inscricións deberán ser recibidas antes das 19:00 horas do día 17 de xullo de 2003 no CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO.

PREMIOS:
Entregaranse premios ós tres mellores clasificados de cada División. Os premios exporanse nas Oficinas do CLUB.

PERCORRIDO:
As instruccións de Regata detallarán os percorridos a utilizar.

NOTAS:
En caso necesario poderanse fondear boias de desmarque.

MEDICIÓNS DE INSPECCIÓN:
Os iates poderán ser inspeccionados en calquera momento polo COMITÉ de REGATA.

OBSERVACIÓNS:
O comité organizador resérvase o dereito de modificar calquera punto do presente ANUNCIO DE REGATAS.


20:30 horas, entrega de trofeos xardíns do HOTEL GALATEA.