Regatas

IX TROFEO HOTEL GALATEA - Vela de cruceiros

LUGAR: Ría de Pontevedra e Illa de Ons
DATAS: 20/08/2005 - 21/08/2005
Data límite inscrición: Prazo pechado.

 

ANUNCIO DA REGATA

1.- ORGANIZACIÓN

Correrá a cargo do CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO, de acordo co Regulamento Internacional de Regatas da ISAF,e coa colaboración da Federación Galega de Vela.

2.- LUGAR E DATAS

A Regata celebrarase en augas da ría de Pontevedra, os días 21 e 22 de xullo de 2007.

3.- REGRAS

3.1 A regata rexerase por:

  • As regras de regata tal e como se definen no Regulamento de Regatas a vela da ISAF 2005-2008 (RRV).
  • O regulamento Técnicos de Cruceiros 2005(RTC) e Anexos.
  • O regulamento de Medición I.M.S.
  • As regras IMS de Habitabilidade e Equipo.
  • A regata considerarase de categoría 4º do ORC.
  • Prescricións da R.F.E.V.
  • Anuncio e Presentes Instrucións de Regata.

3.2 A regata clasifícase de Categoría B segundo a regra 79 e o Apéndice G do RRV.

3.3 Penalizacións Alternativas por Infracción dunha regra da Parte 2 do RRV.

  • Aplicarase a penalización de Xiros de 720º, da regra 44.1 e 44.2 do RRV.
  • O barco que acepte unha penalización alternativa deberá cubrir e presentar un formulario de recoñecemento de infracción na Oficina de Regatas antes de finalizar o prazo para protestar.

4.- PARTICIPACIÓN

Os participantes deberán cumprir as condicións de elixibilidade reflectidas no apéndice 2 do R.R.V. e nas Prescricións da RFEV a dito Apéndice.

Os participantes de nacionalidade ou residencia legal en España deberán estar en posesión da Licenza Federativa de deportista estatal para o 2007.

Poderán participar na IV Regata Club Náutico de Portonovo Trofeo Casino La Toja

DIVISIÓN IMS. Poderá participar calquera Cruceiro a vela dun só casco e cun mínimo de 6.75 metros de eslora, cun certificado de Medición Válido IMS 2007 (Club ou Standard). En caso de non ter certificado, o Comité de Regatas poderá adxuntar un certificado estimado e penalizado, non admitíndose reclamacións ó respecto. Os barcos cun só tripulante ou máximo dous tripulantes (Patrón e Tripulante) poderán usar o piloto automático, baixo a súa responsabilidade en regata.

5.- INSCRICIÓNS

5.1 As inscricións formalizaranse necesariamente no formulario adxunto ou fotocopia.

  • Fotocopia das licenzas do ano 2007.
  • Fotocopia dos Certificados 2007.
  • Fotocopia do seguro.

5.2 As inscricións, xunto coas fotocopias de certificados, remitiranse por correo, mensaxería, fax ou correo electrónico a:

Club Náutico de Portonovo
Director Técnico: J. L. Pérez Sobral
Rúa Rafael Picó 44 1º
Portonovo -Pontevedra - España
Tel.: 986 72 32 66Fax: 986 724 175
E-mail: nauticoportonovo@hotmail.com

A data límite de inscrición é o 20 de xullo ás 20:00 horas. O Comité Organizador resérvase o dereito de ampliar dito prazo.

6.- PARTICIPANTES

6.1 O participante ou o responsable de cada barco deberá formalizar, rexistrar, presentar as licenzas da tripulación e asinar o formulario de Rexistro, na oficina de regatas antes das 11:30 horas do día 21 de xuño, no C.N. Portonovo.

6.2 O Comité de Regatas poderá aceptar cambios na relación de tripulantes, previa solicitude.

7.- PUBLICIDADE

ARegata considérase de categoría B.

8.- CLASIFICACIÓNS E PUNTUACIÓN

As Clasificacións serán de acordo coas Regras do RTC, OFFSHORE OSN (GPH) (GPH Tempo sobre distancia), aplicándose o sistema de Puntuación baixa do R.R.V.

9.- PERCORRIDOS

Na Ría de Pontevedra (Carta 9251).

O Sábado 20 de xullo -> Segundo xuíz de Regata

      1ª PROBA: Saída nas inmediacións do Club Náutico de Portonovo.

O Domingo 21 de xullo o Sinal de atención darase ás 12:00 horas.

      2ª PROBA: Percorrido Costeiro con saída desde Portonovo.

Os percorridos indicaranse 10 minutos aproximadamente antes do sinal de atención polo canal 9 V.H.F.

10.- INSTRUCIÓNS DE REGATA

Estarán a disposición dos participantes na Secretaría/Conserxería de Club.

11.- XURADO

Está constituído polos oficiais de regatas, podendo nomear vogais ou auxiliares que estime oportuno.

12.- SEGURIDADE

A efectos de Seguridade, a Regata considérase de cuarta categoría, segundo o Regulamento de Seguridade, para Regatas en alta mar da O.R.C.

13.- PREMIOS E EVENTOS

Adxudicaranse os seguintes premios:Ó Primeiro, Segundo e Terceiro Clasificados da xeral de cada clase. A entrega de Trofeos realizarase o Domingo 21 no Casino La Toja, ó finalizar a regata,(a hora comunicarase no taboleiro do Club Náutico).

14.- RESPONSABILIDADE

Todos os que participen nesta Regata fano baixo o seu propio risco e responsabilidade. O Comité Organizador e de Regatas ou calquera persoa ou organismo involucrado na organización do evento rexeita responsabilidade ningunha por perdas, danos, lesións ou molestias que puideran acaecer a persoas ou cousas, tanto en terra coma no mar, como consecuencia da súa participación. "UN BARCO É O ÚNICO RESPONSABLE DA SÚA DECISIÓN DE TOMAR OU NON A SAÍDA OU DE CONTINUAR REGATEANDO ".

15.- OUTROS ASPECTOS

O Comité de Regatas resérvase o dereito de modificar algún dos puntos descritos no presente Anuncio de Regata, por causa de forza maior.

COMITÉ