Regatas

VII REGATA CLUB NÁUTICO PORTONOVO - TROFEO HOTEL GALATEA - Para Barcos I.M.S.

LUGAR: Ría de Pontevedra. Illa de Ons
DATAS: 23/08/2003 - 24/08/2003
Data límite inscrición: Prazo pechado.

 

ANUNCIO DE REGATA

O Trofeo Hotel Galatea celebrarase en augas da Ría de Pontevedra e Illa de Ons, os días 23 e 24 de Agosto de 2003, organizado polo CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO.

A VII REGATA DO CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO TROFEO HOTEL GALATEA é unha proba puntuable para o campionato Galego de barcos cruceiro - Copa Galicia de Cruceiros 2003.

REGRAS
   A regata regularase por:

a) As regras da regata tal e como se definen no Regulamento da Regata a Vela da ISAF 2001 - 2004 (RRV).
b) Prescricións da Real Federación Española de vela (RFEV).
c) O Regulamento técnico de Cruceiros 2003 e os seus anexos.
d) O Regulamento da Medición IMS.
e) As regras IMS de Habitabilidade.
f) As regras do regulamento de seguridade O.R.C. 2003.

O presente anuncio de Regatas pode ser modificado polas instruccións da Regata.

PUBLICIDADE
   Os participantes na regata poderán exhibir publicidade da Categoría C de acordo co Apéndice 1, regulamentación 20 da ISAF e as prescricións da RFEV de dito Apéndice.

ELIXIBILIDADE
   Os participantes deberán cumprir as condicións de elixibilidade reflectidas no Apéndice 2, regulamentación 2 da ISAF, e nas Prescricións da RFEV a dito Apéndice.
   Os participantes de nacionalidade ou residencia legal en España deberán estar en posesión da licencia federativa de deportista para 2003.

CLASE QUE PARTICIPA
   Poderán participar nesta regata os barcos con Certificado da Medición e Habitabilidade IMS para 2003. Admitiranse certificados IMS CLUB.
   Para poder participar nunha clase como monotipo serán necesarios, como mínimo, cinco barcos inscritos. Noutro caso, participarán como I.M.S. se dispoñen do correspondente certificado, e no caso de non telo, asignarase un rating.
   Poderanse establecer grupos en función do número de barcos inscritos na regata.

INSCRICIÓNS
   As inscricións formalizaranse necesariamente no formulario adxunto, que se deberá remitir xunto coa seguinte documentación:

- Fotocopia do Certificado válido da Medición.
- Fotocopia do Certificado de Habitabilidade 2003 (se procede).
- Fotocopia da Póliza de seguros en vigor que cubra a responsabilidade civil, ata unha cuantía de 300.000 €.
- Fotocopia da licencia federativa de vela 2003 (poderase tramitar polo Club Náutico de Portonovo) de tódolos tripulantes da embarcación (poderase atrasar isto ata o día final de entrega de documentación), para cumprir a normativa vixente.

Enviaranse antes do 20 de agosto de 2003 ás 20:00 horas a:

CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO
Rúa Rafael Picó 44
36970 Portonovo
Tel 986 723266 - Fax 986 723266
e- mail: nauticoportonovo@hotmail.com
Web: www.nauticoportonovo.com

O comité Organizador resérvase o dereito de admitir inscricións que se reciban despois da data límite da inscrición.

Os dereitos da inscrición serán os seguintes:

- Barco patrocinado: 55 €.
- Barco non patrocinado: 35 €.

Deberase confirmar a inscrición na oficina do Club Náutico antes das 11 horas do día 23 de agosto de 2003, debendo estar entregada toda a documentación requirida.

PROGRAMA
O programa do evento é o seguinte:

Sábado 23 de agosto
10:00 h   Apertura oficina de Regatas
10:00 h   Rexistro de participantes.
10:00 h   Entrega de Instruccións de Regata.
12:00 h   Saída da primeira manga.

Domingo 24 de agosto
12:00 h  Saída da segunda manga.
20:30 h  Entrega de trofeos e lunch no Hotel Galatea.

PERCORRIDOS
As instruccións da Regata detallarán os percorridos a seguir.

INVENTARIO DE VELAS. INSPECCIÓN E MEDICIÓNS
   O numero de velas que un barco pode levar a bordo na regata estará de acordo coa regra 205.1 do Regulamento de Habitabilidade IMS.
   Diariamente realizaranse controis de Seguridade e Medición.

PUNTUACIÓN
   Aplicarase o Apéndice A e o Sistema de Puntuación Baixa descrito na regra 4.1 do R.R.V.

CLASIFICACIÓNS
   As clasificacións estableceranse de acordo coa regra 203 do RTC.
   Haberá unha clasificación para cada un dos grupos establecidos.

SEGURIDADE
   A seguridade desta regata estará considerada como da categoría 4ª, de acordo co regulamento de Seguridade ORC 2003.
    Tódolos barcos terán que estar equipados cunha radio VHF coas canles 16 e 9.
    Será responsabilidade do armador ou responsable de cada barco cumprir coas normas legais previstas para embarcacións de recreo, tanto con carácter xeral coma en especial para o seu goberno, despacho e seguridade.

TROFEOS
    Indicaranse nas instruccións da Regata ou no T.O.A.
    Procederase á entrega dos trofeos nun lunch ás 20:30 horas do día 24 no Hotel Galatea de Portonovo.

ATRAQUES
   Os barcos con inscrición aceptada nesta regata, e que así o soliciten, terán un lugar de atraque reservado. O Club Náutico de Portonovo resérvase o dereito de asignar ás embarcacións os postos de atraque por rigorosa orde de inscrición, en función de tamaño e calado.

RESPONSABILIDADE
    Tódolos participantes na Regata fano baixo o seu propio risco e responsabilidade.
    O Comité organizador ou calquera persoa ou organismo involucrado rexeita calquera responsabilidade por perdas, dano, lesións ou molestias que puideran acaecer a persoas ou cosas, tanto en terra coma no mar, como consecuencia da participación na Regata amparada neste Anuncio de Regata.
   Chámase a atención sobre a Regra Fundamental 4, DECISIÓN DE REGATEAR, da parte 1 do RRV, que establece:

"É de exclusiva responsabilidade dun barco decidir se participa nunha proba ou se continúa en Regata".

CARTAS NÁUTICAS
    Recoméndanse as seguintes cartas náuticas do Instituto Hidrográfico da Mariña:

925 de Cabo Corrubedo a Cabo Silleiro
9251 Ría de Pontevedra
9262 Ría de Arousa