Novamente os tres clubs da Ría Pontevedresa únense para realizar este evento

A XI REGATA RIA DE PONTEVEDRA COMEZA ESTE SÁBADO COA ETAPA AGUEte-PORTONOVO


08/04/2014 |   Novamente os tres clubs da Ría Pontevedresa únense para realizar este evento

A XI REGATA RIA DE PONTEVEDRA COMEZA ESTE SÁBADO COA ETAPA AGUEte-PORTONOVO

A segunda e definitiva etapa desta regata será dentro de dous sábados de Portonovo a Sanxenxo
Todo a punto para que este fin de semana e en concreto o sábado a partir das 14:30 horas en Aguete, dea comezo o XI Regata Ría de Pontevedra para Cruceiros ORC, Clásicos/Veteranos e Mini23. A previsión de ventos é bastante aceptable con intensidades de ata 16/18 nós de media de dirección sur-sueste.
A regata Ría de Pontevedra xa está considerada como a clásica na zona para dar o pistoletazo de saída dos grandes eventos a partir da primavera, sobre todo de cruceiros nesta ría. A Regata significa ademais un importante nexo de amizade e colaboración entre os tres clubs organizadores, Real Club Mar de Aguete, Club Náutico de Portonovo e Real Club Náutico de Sanxenxo que intentarán atender, malia os críticos tempos que corren para estes eventos, da mellor forma posible aos máis de 25 barcos que se esperan para a presente edición. Contarán á súa vez coa organización técnica da firma organizadora de regatas e eventos náuticos, Desmarque SL..
Como gran variación con respecto ás anteriores, este ano soamente terá dúas xornadas; este sábado día 5 con itinerario Aguete-Portonovo a partir der as 14:30 horas e o seguinte sábado día 12 de Portonovo a Sanxenxo a partir das 13:30 horas, sendo a entrega de premios precisamente no Real Club Náutico de Sanxenxo nada máis rematar a regata.

Recordemos os podios do ano pasado corresponderon en Clásicos, gañador o NOCTURNE (Nicholson 1957 - Enrique Barreiro - Agabace), seguido do AGUEte (Formosa 51 - José Luis Guitart - Escola Naval Militar Marín) e o SARA O (Dorna de Lecer - Xosé Avelino Ochoa - C.N.San Vixcente-Agabace).

En ORC Clase 1, gañou o OZOAQUA (IMX 38 - Juan Carlos Pérez - C.N. Combarro) seguido do ZIRALLA PRIMEIRO (Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N.D. Barraña-Boiro) e o ACCASTILLAGE DIFFUSION SANXENXO (Beneteau 25 - Jaime Barreiro - RCN Sanxenxo), mentres que en ORC 2 gañaba o ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - Sausalito YC), seguido do FAÍSCA NEJRA (RO 300 - José Rey - CN Beluso) e a BILLA (First 27.7 - Francisco Freire _RCM. Aguete). Por último, na clase ORC 3, gañou o 1º) SQUID (First 23.5 - Francisco Lusquiños - C.N. Portonovo), seguido de AQUARI (Oceanis 351-Luis Malvar-R.C.M. Aguete) e SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 - Iñaki Carbajo-CN Beluso).