Galicia líder de España no número de certificacións da Q de calidade en Instalacións Náutico deportivas en España 9 Clubs Náuticos obteñen a "Q" de Calidade Turística.

O náutico de Portonovo, consegue por terceiro ano consecutivo a certificación "Q" de calidade de instalacións náutico deportivas


11/12/2013 |   O Club Náutico de Portonovo foi galardoado coa "Q" de Calidade Turística no sector de Instalacións Náutico Deportivas por terceiro ano consecutivo. Estas certificacións de calidade son o froito do convenio asinado entre a Asociación de Clubs náuticos de Galicia (ASNAUGA) e a Secretaría Xeral para ou turismo, a través de Turgalicia.
Esta norma de calidade de servizo, pioneira no ámbito específico das instalacións náutico-deportivas, club náutico ou porto deportivo, marca uns requisitos a cumprir que definen o nivel de servizo ao cliente, incrementando o valor engadido da propia instalación, pero tendo moi en conta a importancia turística que ten para cada municipio a achega, tanto económica como de imaxe, que cada espazo Náutico-Deportivo pode facer para a súa comunidade de cidadáns ao ser receptores dun gran número de visitantes e turistas.
Como eixe principal da norma, establécense os requisitos para determinar que unha instalación náutico-deportiva, atractiva para o fomento do turismo, debe proporcionar obrigatoriamente actividades náuticas aos seus usuarios, sendo este requisito o principal elemento diferenciador con aqueles portos que tan só dedican as súas instalacións ao arrendamento de amarres e superficies comerciais ou ao aparcadoiro de barcos e que, consecuentemente, non son de interese para o turismo por ser unicamente espazos e instalacións portuarias cuxo obxectivo único é a actividade financeira e polo tanto deixan de ser obxecto da presente normalización turística.