O Club Náutico de Portonovo, o primeiro porto deportivo que dispón de sistemas de xeración de enerxía renovables

CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO: PORTO SOSTIBLE


06/12/2013 |   O Club Náutico de Portonovo, finalizou a instalación de paneis solares fotovoltaicos para a obtención de enerxía limpa. Esta actuación enmárcase dentro dun plan que dura dous anos, polo cal este Club pretende transformar as súas instalacións e facelas cada vez máis sostibles, permitindo ser un exemplo de porto sostible.
No ano 2011 comezou coa instalación de paneis térmicos para a obtención de auga sanitaria, de tal maneira que ao día de hoxe os seus vestiarios e duchas se nutren exclusivamente de auga quente por este medio. Así mesmo, instalou sistemas luminarios de baixo consumo e tipo led nas súas instalacións, substituíu as torres de servizo dos seus peiraos por outras que permiten un aforro e racionalización do consumo eléctrico de e da auga, de tal maneira que este ano conseguiu aforrar un 12,5% de consumo e incrementar os ingresos por este concepto nun 45%.
Dispón do único aeroxerador eólico de baixa potencia instalado nun porto deportivo.
Por último fai escasos días rematouse de instalar placas solares que xerarán 3.774 KW/h anual, conseguindo así tamén unha redución dos custos da factura eléctrica e das emisións de CO2 á atmosfera.