REINAUGURACIÓN DO RESTAURANTE CAFERIA DO CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO


12/06/2013 |   Este pasado xoves, día 6 de xuño ás 20:30 horas reinaugurouse o restaurante cafetaría do Club Náutico de Portonovo. A xestión deste corre a cargo do Grupo Sanxenxo, especializado en restauración, e ben coñecido no municipio, non en van teñen entre outros o Restaurante Mesón a Goleta, La taberna do Náutico, etc.
Houbo unha máxima afluencia de público á inauguración, que durou dende as 20:30 horas ata ben pasadas as 22:30 horas.
O restaurante leva o nome de Kon - tiki, famosa balsa utilizada polo explorador noruegués Thor Heyerdahl, na súa expedición polo Océano Pacifico dende Sudamérica ata a Polinesia. O nome da embarcación debíase ao deus solar dos Incas.
A expedición da Kon - Tiki quería demostrar a posibilidade de que poboadores procedentes de Sudamérica poderían ter chegado ata a Polinesia en tempos pre colombinos.
O restaurante, dará servizo de catering aos barcos, e dispoñerá de menú e carta.
Esperamos que sexa do agrado de todos e se poida gozar polos navegantes, socios do Club e usuarios do porto de Portonovo