Tras a segunda xornada, as xerais de clases van comandadas polo OZOAQUA, ENXUTO, SQUID e AGUEte

OZOAQUA EN ORC E AGUEte EN CLÁSICOS VENCEDORES DA SEGUNDA XORNADA DO TROFEO ENMACOSA DE CRUCEIROS


15/04/2013 |   Xornada excelente de vento e moi técnica nun percorrido costeiro longo no interior da Ría de Pontevedra
Portonovo, sábado 14 de Abril de 2013
Espléndido día de sol e vento este domingo na Ría de Pontevedra para a segunda xornada do Trofeo Enmacosa de Cruceros que están a organizar conxuntamente o Real Club de Mar de Aguete, Club Náutico de Portonovo e Real Club Náutico de Sanxenxo. Nesta segunda xornada que comezou en Aguete, celebrouse un percorrido costeiro de 13,8 millas para ORC e 8,48 para Clásicos. Percorridos por certo moi técnicos e con moita manobra polas balizas do interior da Rías de Pontevedra como foron as de Tambo, Pelados, Portocelo ou Morrazán e con chegada fronte ao dique de abrigo de Portonovo. Con ventos do Sueste que oscilaron entro os 15 e 20 nós de intensidade, deuse a saída ao fío das 13:00 horas inicialmente para os Clásicos, onde o fixeron moi igualados o NOCTURNE (Nicholson 1957 - Enrique Barreiro - Agabace), CASSANDRA (Hillyard 36 - Javier Pazó - C. Agabace/Portonovo) e SARA O (Dorna de Lecer - Xosé Avelino Ochoa - C.N. Portonovo), pero o AGUEte (Formosa 51 - José Luis Guitart - Escola Naval Militar Marín) vindo dende atrás os superou xa no segundo tramo e a partir de aí xa non deixou ese posto de privilexio, o cal lle serviu para gañar en tempo real t compensado, seguido do NOCTURNE e o SARA O.
Os ORC tiveron tamén un dominador moi claro da frota case dende o principio no OZOAQUA (IMX 38 - Juan Carlos Pérez - C.N. Combarro) que gañou tamén en Clase 1 seguido do SPERRY MELGES (Melges 32 - Alberto Figueira - C.N. Combarro) dominador en real e con velocidades fóra do común. Pero en compensado, que é o que vale, gañou en Clase 1 o seguido do ZIRALLA PRIMEIRO (Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N.D. Barraña-Boiro) e AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 - Tino Campelo -R.C.M. Aguete). En Clase 2 gañou por soamente sete segundos o ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - CN Combarro) seguido da BILLA (First 27.7 - Francisco Freire _RCM. Aguete) que perdeu precisamente un tempo precioso nunha abordaxe que lle fixeron, sendo terceiro o FAÍSCA NEJRA (RO 300 - José Rey - CN Beluso) e por último, en Clase 3, a vitoria foi nesta ocasión para o AQUARI (Oceanis 351-Luis Malvar-R.C.M. Aguete) seguido do SQUID (First 23.5 - Francisco Lusquiños - C.N. Portonovo) e terceiro o SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 - Iñaki Carbajo-CN Beluso).
A xeral por clases ORC a falta dunha soa xornada vai en CLASE 1 comandada polo OZOAQUA con 5 puntos, seguido do ZIRALLA con 6 e o ACCASTILLAGE DIFFUSION SANXENXO con 10. En CLASE 2 vai primeiro o ENXUTO con 3 puntos, seguido de BILLA con 7 e FAÍSCA NEJRA con 8. E en CLASE 3 domina o SQUID con 4 puntos, seguida do AQUARI e SANTIAGO ROMA, ambos os dous con 7 puntos. En Clásicos vai gañando por agora o AGUEte con 2 puntos, seguido do NOCTURNE con 4 e SARA O e CASSANDRA empatados con 8 puntos.
A media tarde e no renovado Club Náutico de Portonovo facíase entrega dos premios aos vencedores globais da xornada que foron OZOAQUA en ORC e AGUEte en Clásicos.
Para o próximo sábado está previsto celebrarse a última etapa puntuable para ambas as dúas categorías con saída ás 13.30 h. e consistente nun percorrido longo entre os portos de Portonovo e Sanxenxo con entrega de premios final a todas as clases no Real Club Náutico de Sanxenxo.