O C.N. DE PORTONOVO SEGUE APOSTANDO POLOS DEPORTES NÁUTICOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VELARADIO CONTROL. CLASE INTERNACIONAL UN METRO


10/10/2012 |   O próximo fin de semana, días 12,13 e 14 de outubro, celebrarase en augas da dársena de Portonovo, organizado pola Real Federación Española de Vela e o Club Náutico de Portonovo el Campeonato de España de Vela RC da clase "Un Metro Internacional".
Están inscritos máis de 40 participantes procedentes de toda España, Portugal e México.
O campionato será da modalidade "non stop", e dará comezo o venres día 12 de outubro ás 9:00 coa apertura da oficina de regatas, situada na punta do dique de abrigo do porto de Portonovo, saíndo as embarcacións ás 11,30 horas e rematando ese día ás 18:30 horas. O sábado empezará ás 10:00 horas e rematará a xornada ás 18:30 horas, e por último, o domingo comezará ás 10:30 horas e rematase ás 14:30 horas, estando prevista a entrega de trofeos sobre as 15:30 horas, durante un pincho que ofrecerá o Club Náutico de Portonovo.
No mes de abril, xa se celebrou o Campionato Galego da clase, cunha grande acollida por parte dos participantes, que a pesar do mal tempo gozaron de dosdías de deporte náutico.
Dende aquí, o Club quere agradecer ao patrocinador principal INELSA, a súa achega, así como ao resto de empresas colaboradoras Coca Cola (BEGANO) e Gadis, o seu apoio a este tipo de actividades náuticas, pois sen o seu apoio non se poderán realizar.