VIII TROFEO ENMACOSA-IX REGATA RÍA DE PONTEVEDRA Magnífica etapa final entre Sanxenxo e Portonovo

ZIRALLA, ENXUTO, SEBRALA E CASSANDRA VENCEDORES NO VIII TROFEO ENMACOSA


24/04/2012 |   VIII TROFEO ENMACOSA-IX REGATA RÍA DE PONTEVEDRA

Magnífica etapa final entre Sanxenxo e Portonovo

ZIRALLA, ENXUTO, SEBRALA E CASSANDRA VENCEDORES NO VIII TROFEO ENMACOSA

A última etapa adxudicáronlla JUANCAMARÍA, ENXUTO, SEBRALA e CASSANDRA

Portonovo, Sábado 21 de Abril de 2012

Finalizou en Portonovo este sábado o VIII Trofeo Enmacosa -IX Regata Ría de Pontevedra que organizaron para Cruceiros ORC e barcos Clásicos e de Época durante os dous últimos fins de semana conxuntamente o Real Club de Mar de Aguete, Real Club Náutico de Sanxenxo e Club Náutico Portonovo coa disputa da última etapa entre Sanxenxo e Portonovo. A saída puntual ás 13.05 con vento do Oeste de 10 nós que aumentou ata os 14 nalgúns momentos o cal axudou a que os clásicos e de época chegasen bastante rápido ademais das categorías maiores de ORC, pero a partir das 4 da tarde o vento caeu e os máis demorados quedaron cortados e foilles moi difícil chegar en tempo.
Os Clásicos e de época realizaron un percorrido de 5 millas pasando polos faros de Morrarzán e Mourisca, mentres que os cruceiros ORC fixeron un percorrido de 14,3 millas saíndo fóra da Ría e virando os faros de Picamillo, Camouco, Mourisca e Morrazán. En Clásicos gañou a etapa doadamente o CASSANDRA que sacou a chilindrada de oito minutos e medio en compensado ao segundo clasificado, o SARA O e adxudicándose así claramente a xeral.

Pola súa banda en Regata ORC sacouse a espiña do fin de semana anterior o JUANCAMARÍA xa que gañou con autoridade e lle axudou para subir á terceira praza do caixón final. Tras el na etapa quedou o ZIRALLA que aseguraba así a súa vitoria xeral, sendo terceiro o ALIMENTOS DE ZAMORA que tampouco brillara no fin de semana anterior.
En Cruceiro/Regata ORC ratificou na etapa o seu bo estado de forma o ENXUTO que gañou por máis de 2 minutos ao BLACK SAM e 17 minutos á BILLA que foi terceiro. Desta forma ENXUTO gañáballe a partida final ao FAÍSCA NEJRA.
E por último en División Cruceiro ORC o SEBRALA conseguiu dobregar " in extremis" ao SANTIAGO ROMA no baixón de vento que houbo.

As xerais finais quedaron do seguinte xeito,
Clásicos e de época,
1º) CASSANDRA (Hillyard 36 - Javier Pazó - Agabace/Portonovo) con 3 puntos
2º) SARA O (Dorna Recreo Galega - Xoxé Ochoa- Agabace/San Vicente), 5 "
3º) MARIE (Banjer 37 - Guillermo Gefaell - Agabace/RCM Aguete), 6 puntos