VIII TROFEO ENMACOSA-IX REGATA RÍA DE PONTEVEDRA ZIRALLA PRIMEIRO, FAÍSCA NEJRA, SEBRALA 2 e CASSANDRA intentarán manter os seus liderados

O TROFEO ENMACOSA DE CRUCEIROS FINALIZA ESTE SÁBADO EN PORTONOVO


24/04/2012 |   VIII TROFEO ENMACOSA-IX REGATA RÍA DE PONTEVEDRA

ZIRALLA PRIMEIRO, FAÍSCA NEJRA, SEBRALA 2 e CASSANDRA intentarán manter os seus liderados
O TROFEO ENMACOSA DE CRUCEIROS FINALIZA ESTE SÁBADO EN PORTONOVO
A entrega de premios realizarase o propio sábado ao rematar a proba no Club Náutico Portonovo

Sanxenxo, Xoves 19 de Abril de 2012
A terceira e última xornada do VIII Trofeo Enmacosa de Cruceros que están a organizar na ría de Pontevedra conxuntamente o Real Club Maar de Aguete, Real Club Náutico de Sanxenxo e Club Náutico Portonovo, disputarase este sábado a partir das 13 horas cun percorrido de tipo costeiro dunhas 20 millas de distancia novamente pola ruta dos faros de Ons e Bueu aproveitando as boas condicións de vento que a previsión meteorolóxica avanza, con ventos do Oeste de 14 nós de intensidade media, iso si, con algo de orballos sobre todo ao principio da xornada. Tras os resultados do fin de semana pasado, ningunha división ten gañador asegurado xa que están moi igualadas agás nos Clásicos e de época onde o CASSANDRA (Hillyard 36 - Javier Pazó - C. Agabace/Portonovo) ten o triunfo xa asegurado con soamente 2 puntos.

En División ORC Regata vai gañando o ZIRALLA PRIMEIRO (Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N.D. Barraña-Boiro) con 5 puntos, pero séguelle a soamente 1 punto o CORSARIO VI (First 45 s 5 - José Durán - L.C. Vilagarcía) e en terceiro lugar está o PETRILLA (Beneteau 25-Jaime Barreiro-RCN Sanxenxo) con 7 puntos, pero como non vai poder asistir a esta última cita, deixa aberta a posibilidade de subir ao caixón de gañadores ao JUANCAMARÍA 3 (IMX 38 - Juan Carlos Pérez Olmedo - CN Combarro) e ao YOUKOUNKOUN (JOD 35 - José Segade - CN Portonovo) que van empatados a 14 puntos.
En ORC Cruceiro/Regata tamén está moi axustado entre o FAÍSCA NEJRA (RO 300 - José Rey - CN Beluso) que vai gañando con 5 puntos e o ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - CN Combarro) a soamente un punto. E ten poucas posibilidades de escalar postos a BILLA (First 27.7 - Francisco Freire _RCM. Aguete) que vai terceiro con 9 puntos. Ao revés, debe ter coidado co LOBEIRA RAPAZA que o segue de preto.
E por último na ORC Cruceiro, tamén moita emoción xa que vai primeiro o SEBRALA (Bavaria 50-Magin Froiz-RCN Sanxenxo) aínda que empatado a 7 puntos co SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 - Iñaki Carbajo-CN Beluso) e terceiro o OLIVER II (Brin de Folie-José Mº Tilve-CN Beluso) con 10 puntos, pero ao que lle seguen moi de preto a MEIXELA e AQUARI.
Ao rematar a xornada e sobre as 18.00 h. tense previsto facer a entrega de premios final no Club Náutico de Portonovo.