As embarcacións do club náutico de Portonovo volven estar nos podios da XI regata Galos-Arizaga, do Real Club de Mar de Aguete.


27/03/2012 |   Embarcación patroneada por Javier Pazó obtivo un segundo lugar na división de barcos clásicos; O YouKounKoun de José Segade quedou de segundo en División regata; E na división Crucero o Squid situouse en terceira posición.
Á entrega dos trofeos celebrado nas instalacións do Real Club de Mar de Aguete, asistiron autoridades e representacións diversas, entre as que cabe destacar o director da Escola Naval, capitán de Navío Gamboa Pérez-Pardo, e o concelleiro do goberno local Francisco Estévez en representación da alcaldesa, entre outros.
Dende aquí queremos felicitar ás tripulacións disto barcos polos resultados obtidos, e animalos a continuar nesta senda de potenciación dos deportes náuticos.