REGATA CLASIFICATORIA DE VELA RC EN PORTONOVO


29/02/2012 |   O próximo día 17 de marzo celebrarase en Portonovo unha regata de vela raio control da clase un metro. Esta proba será puntuable para o campionato galego que tamén se realizará en Portonovo os días 12 e 13 do mes de maio, culminando este calendario de regatas de raio control o 12 ,13 e 14 de outubro que se celebrará, También en Portonovo, o campionato de España desta clase.
Á regata do día 17 de maio está previsto que acudan participantes do país veciño Portugal, dándolle un aire internacional e prestigiando o campionato.
Poderán participar todos aqueles patróns que teñan unha embarcación da clase un metro.
Esta modalidade de marcos a escala, ten bastante aceptación no levante e sur español, así como no sur de Galicia.