Os organizadores e patrocinadores reuníronse no Club Naútico de Portonovo para dar os detalles da cita

A Regata Hotel Galatea-Oca Hotels -Trofeo Pescamar percorrerá as rías de Pontevedra e Arousa os días 20 e 21 de agosto

Presentación
17/08/2011 |   A XV Regata Hotel Galatea-Oca Hotels- -Trofeo Pescamar volve un ano máis a escena da man do Club Náutico de Portonovo. Os organizadores e patrocinadores da cita, que traerá este fin de semana a case 30 embarcacións ás augas pontevedresas e coruñesas, presentaron esta mañá no club naútico os detalles da cita.

Javier Ruiz, presidente do Club Náutico de Portonovo, foi o encargado de ofrecer os detalles da cita xunto a Lupe Murillo, directora xeral de Conservas Pescamar.

O responsable do club portonovés quixo manifestar todo o seu agradecemento ao Hotel Galatea e Conservas Pescamar "pola súa colaboración desinteresada que nos presta nunha época moi difícil para a economía". Estamos ante unha regata consolidada dentro do circuíto galego, non só na nosa ría, senón que tamén serve" de reclamo" "para embarcacións de clubs náuticos doutras rías", asegurou.

Ruiz de Cortázar informou de que a regata se disputará nas rías de Pontevedra e Arousa "grazas á colaboración do Club Náutico Caramiñal", que este ano actúan de novo tamén como organizador da proba. Os premios da xeral de cada clase entregaranse en Portonovo á conclusión da regata. Ademais, entregarán o premio especial Groupama Seguros ao mellor barco clasificado. "Serán entre 25 e 30 embarcacións as que disputen a proba, unha participación numerosa," concluíu.

Durante o sábado 20 e domingo 21 de agosto, entre 25 e 30 cruceiros con Habitabilidade ORC afrontarán a décimo cuarta edición do torneo, que se disputará nas rías de Pontevedra e Arousa e que unirá as localidades de Sanxenxo e A Pobra do Caramiñal. A regata disputarase en dúas mangas e prolongarase durante dous días.

O sábado 20, as embarcacións participantes sairán das proximidades do Club Náutico de Portonovo a partir das 13.00 horas para iniciar unha manga costeira que finalizará na Pobra do Caramiñal. os regatistas pasarán a noite na localidade coruñesa.
O domingo 21, ás 13.00 horas, os barcos iniciarán a segunda e definitiva manga con destino Portonovo. Ás 19.30 horas, unha vez concluída a regata, entregaranse os premios aos tres primeiros clasificados de cada clase no Hotel Galatea. Ademais haberá un trofeo para o mellor clasificado, o Trofeo Groupama Seguros, e outro para o mellor clasificado do Club Náutico de Portonovo -que non estea entre os tres primeiros clasificados-. Tamén se farán sorteos de pezas deportivas e obsequios dos patrocinadores entre os tripulantes das embarcacións participantes.

A data límite de inscrición é o venres 19 de agosto ás 20.00 horas.

A regata está organizada conxuntamente polo Club Náutico de Portonovo e o Club Náutico Caramiñal, coa colaboración da Federación Galega de Vela. Os dous clubs contan coa colaboración de Pescamar, Hotel Galatea, Oca Hotels e Groupama Seguros.

Gabinete de Comunicación Club Náutico de Portonovo