PORTONOVO RECIBE POR TODO O ALTO A DÉCIMA EDICIÓN DO CAMPIONATO GALEGO DE VÍDEO SUBMARINO

Cartel
08/07/2011 |    A competición, que este ano chegou a súa décima edición, levouse a cabo esta fin de semana en augas da localidade de Portonovo
 O xurado pronunciará o veredicto da proba a finais da próxima semana, onde se dará a coñecer a clasificación final, así como o representante galego para o Campionato de España

Nun fin de semana marcado pola competición deportiva, a localidade pontevedresa de Portonovo vestiuse de gala para a celebración da décima edición do Campionato Galego de Vídeo Submarino, unha competición que ó igual que en edicións anteriores, organizou o Clube Náutico de Portonovo, e que este ano contou ademáis coa colaboración de Gadis e Coca-Cola. Este campionato, que se levou a cabo durante as xornadas do sábado 2 e domingo 3 de xullo en augas e aledaños da localidade, competiron un total de 10 participantes todos eles de orixen galego.

Na xornada matinal do sábado levouse a cabo a grabación de imáxes submarinas. A proba comenzou a partir das 10.00 horas, cando tódolos participantes se desprazaron á zona de mergullo situada entre a parte exterior do dique de abrigo do porto de Portonovo e a praia de Caneliñas, unha zona cunha profundidade de entre 8 e 12 metros. Esta parte da competición tiña unha duración aproximada dunhas 4 horas, polo que se prolongou ata as 15.00 horas. Durante o transcurso da mesma, os participantes atoparonse con diversas dificultades pois a auga estaba bastante turbia debido o vento do sur que reinou durante toda a mañá, e incluso con ceo cuberto a primeira hora da mañá despexándose a medida que transcorría o día. Asímesmo, na xornada do sábado tamén se celebrou na localidade de Portonovo o Campionato de Traineras e de Motos Acuáticas, polo que a captación de imaxes no fondo do mar fixose máis complicada.

Xa pola tarde, entre as 17.00 e as 19.30 horas, levouse a cabo a segunda toma de imaxes da xornada, pero esta vez en terra. Unha vez finalizada esta segunda filmación, tódolos participantes entregaron as súas respectivas cintas á organización do Náutico para poder continuar na xornada do domingo coa competición. Xa na xornada final do domingo e durante cinco intensas horas de montaxe, as parellas participantes procederon á edición do vídeo, onde tiñan a difícil misión de seleccionar as mellores imaxes captadas durante toda a xornada do sábado nun vídeo final que tiña que ter unha duración aproximada de entre dous e catro minutos. O campionato chegou o seu final sobre as 17.00 horas da tarde, cando tódolos participantes entregaron o resultado final das duas xornadas á organización.

Nembargantes, a competición aínda non coñece o nome do gañador xa que durante dous semanas, un xurado especializado na materia será o encargado de visualizar pormenorizadamente tódolos detalles de cada un dos vídeos presentados. Deste modo, o xurado dará a coñecer o seu veredicto a finais da semana próxima onde ademáis de coñecerse a clasificación final, tamén se dará a coñecer o nome do elexido para representar a Galicia no Campionato de España 2011, que celebrarase ó finalizar a tempada estival. Por último, recordar tamén que este campionato contará con dous representantes galegos, xa que ademáis do gañador da proba de Portonovo, tamén participará na mesma Jorge Camdan, o campión da pasada edición do Campionato de España.

Alejandro Rodríguez (607 500 994)
Comunicación e Prensa Club Náutico de Portonovo