Os representantes dos tres Clubs organizadores e da firma patrocinadora presentaron o evento onte en Portonovo

O TROFEO ENMACOSA DE CRUCEIROS NA SÚA 7ª EDICIÓN COMEZA ESTE FIN DE SEMANA NA RÍA DE PONTEVEDRA

Presentación
07/04/2011 |   Os representantes dos tres Clubs organizadores e da firma patrocinadora presentaron o evento hoxe mércores en Portonovo
O TROFEO ENMACOSA DE CRUCEIROS NA SÚA 7ª EDICIÓN COMEZA ESTE FIN de semana NA RÍA DE PONTEVEDRA
Espérase bater o récord de participación de todos os anos
O xa tradicional e prestixioso Trofeo Enmacosa que cumpre a súa 7ª edición celebrarase a partir deste próximo sábado día 9 na ría de Pontevedra. Precisamente, a firma Enmacosa leva patrocinando ese número de anos a que inicialmente se define como Regata Ría de Pontevedra que ten un ano máis de antigüidade en canto a edicións se refire. O Trofeo Enmacosa vén a ser nos últimos anos o pistoletazo de saída dos grandes eventos, sobre todo de cruceiros, que a partir da primavera comezan na Ría de Pontevedra. A proba foi presentada no novo edificio do porto deportivo do Club Náutico de Portonovo no que estiveron presentes o xerente da empresa patrocinadora Enmacosa, Manuel Miranda; o presidente do Real Club de Mar de Aguete, Francisco Freire; o comodoro do Club Náutico de Portonovo, José Luis Pérez Sobral e o xerente do Real Club Náutico de Sanxenxo, Roí Álvarez. A Regata ademais constitúe un importante nexo de amizade e colaboración entre os tres clubs organizadores que intentarán dar as maiores atencións como sempre aos máis de 20 barcos (cruceiros, cruceiros regata e regata) que se esperan nesta edición que para esta ocasión lle corresponde empezar e rematar no Real Club de Mar de Aguete. Concretamente, a regata, que volverá novamente a celebrarse durante tres días como foi na súa creación, constará de catro probas, dúas das cales terán lugar o próximo sábado día 9 con saída ás 13.30 horas para facer primeiro un percorrido dos denominados Barlovento/sotavento e a continuación un costeiro de mediana distancia ata o Club Náutico de Portonovo, onde se fará entrega do premio ao vencedor global da xornada.Ao día seguinte, o domingo día 10, terá lugar a terceira proba puntuable con saída ás 13.00 h. e consistente nun percorrido longo entre os portos de Portonovo e Sanxenxo virando senllos faros fronte a Ons e Bueu e con entrega tamén como o día anterior do premio ao vencedor global do día nunha recepción no RCN Sanxenxo. A última xornada será o sábado 16 con saída ás 13.00 h. para facer un percorrido costeiro longo como o domingo anterior, pero dende Sanxenxo ata Aguete, facéndose a entrega de premios final a media tarde. Durante a presentación, os clubs organizadores agradeceron a Enmacosa o respaldo que dende fai xa sete anos ofrece para a celebración da proba. A empresa, ao igual que manifestamos o ano pasado, mantén o seu compromiso connosco e o renova unha vez máis, manifestaron.
Destacar que a inscrición é gratuíta, o cal se agradece nestes tempos de austeridade.
Por último recordar que defenden o título conseguido o ano pasado onde finalmente só se fixeron dous grupos, no dos barcos en teoría máis rápidos o ZIRALLA de Ramón Barreiro del Club Náutico Caramiñal, un barco modelo Astraea 330 rapidísimo que vai intentar estar en liña de saída, mentres que no grupo dos menos rápidos, o vencedor o ano pasado fora a BILLA de Francisco Freire del Real Club de Mar de Aguete, que é un modelo First 27.7 o cal precisamente catro meses máis tarde se proclamaba campión galego nestas mesmas augas.