“SQUIP”, TERCEIRO NA CLASE CRUCEIRO

“YOUKOUNKOUN”, VENCEDOR DO TROFEO GALOS XOYERÍA ARIZAGA DE CRUCEIROS NA CLASE REGATA

Entrega de Premios
05/04/2011 |   Ó roxo vivo presentábase a última proba do X TROFEO GRUPO GALOS XOIARÍA ARIZAGA de Cruceiros ORC que organizou o Real Club de Mar de Aguete na Ría de Marín este pasado sábado, xa que a igualdade nas clasificacións tras as dúas primeiras probas era notable.
Boa xornada de regatas con vento do Oeste cunha media de 10 nós de intensidade e pequenos roles con tendencia a irse á dereita. Saída puntual ás 15.35 horas para realizar un percorrido de 12,6 millas

Saída moi igualada destacando en principio o " FAÍSCA NEJRA" polo barco do Comité e a "BILLA" pola baliza, mentres que polo centro se saía fóra e tiña que retornar o "VAGALUME".
Custoulle gañar esta vez na división Regata ao "ALDÁN" (First 40.7 - Emilio Damiá-Comisión Naval Marín) que soamente sacou 21 segundos en compensado ao "YOUKOUNKOUN" (Jod 35 - Adolfo Castro - CN Portonovo) que desta forma quedaba vencedor final desta división, mentres que o "AGUIEIRA" (Sun Oddisey 40 - Celestino Campelo - RCM Aguete) quedaba a un minuto e medio e adxudicábase a segunda praza na xeral. Xa bastante máis atrás quedaron nesta división o SAETTA II, LOBEIRA RAPAZA, SEBRALA, SÁLVORA....
E en División Cruceiro non se deixou sorprender esta vez o "SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS" (Yatlant 24 - Iñaki Carbajo-CN Beluso) gañando a proba e o trofeo de cruceiro, seguido do "SQUID" (First 235 - Francisco Lusquiños-CN Portonovo) a máis de cinco minutos, e polo "FETICHE" (Brin de Folie - José Tilve - CN Beluso) a 7 minutos.

A xeral final dos primeiros por clases quedou entón, en División REGATA, 1) YOUKOUKOUN con 7 puntos; 2º) AGUIEIRA con 10; 3º) ALDÁN con 11 puntos; 4º) SAETTA DOUS tamén con 11 e 5º) SEBRALA II con 13 puntos.

En CRUCEIRO/REGATA gañou 1º)GRIFO con 8 puntos; 2º) CORREOLA tamén con 8; 3º) FAÍSCA NEJRA con 11 puntos; 4º) ENXUTO tamén con 11, e 5º)BLACK SAM con 12.
Por último, en División CRUCEIRO gañou 1º) SANTIAGO ROMA con 4 puntos; FETICHE con 9; 3º) SQUID con 13; 4º) MANDRÁGORA con 16 puntos e 5º) COMBARRO con 19.

A entrega de premios tivo lugar a propia noite do sábado no transcurso dunha animada cea no Real Club de Mar de Aguete con asistencia do alcalde de Marín, Francisco Veiga, o Comandante Director da Escola Naval, Marcial Gamboa; o Xefe do Distrito Marítimo de Marín, Paulino Alonso; patrocinador Ramón Arizaga, propietario de Xoiaría Arizaga, así como a directiva do RCM Aguete co seu presidente Francisco Freire á fronte.