Os organizadores e patrocinadores reunironse na fábrica de Conservas Pescamar de Poio para dar os detalles da cita

A Regata Hotel Galatea-Oca Hotels -Trofeo Pescamar percorrerá as rías de Pontevedra e Arousa esta fin de semana


20/08/2010 |   A XIV Regata Hotel Galatea-Oca Hotels-Edificio Curota-Trofeo Pescamar volve un ano máis a escea da man do Clube Náutico de Portonovo. Os organizadores e patrocinadores da cita, que traerá esta fin de semana a casi 30 embarcacions as augas pontevedresas e coruñesas, presentaron esta maña na fábrica de Conservas Pescamar de Poio os detalles da cita.

José diz, vicecomodoro do Clube Náutico de Portonovo, foi o encargado de ofrecer os detalles da cita xunto a Lupe Murillo, directora xeral de Conservas Pescamar.

O responsable do clube portonovés quixo manifestar todo o seu agradecemento a Conservas Pescamar “pola sua colaboración desinteresada que nos presta nunha época moi difícil para a economía”. “Estamos ante unha regata consolidada dentro do circuito galego, non só na nosa ría, senon que tamén serve de reclamo para embarcacions de clubes náuticos de outras rías”, asegurou.

Ruiz de Cortázar informou de que a regata se disputará nas rías de Pontevedra e Arousa “gracias a colaboración do Clube Náutico Caramiñal, que este ano actúan de novo tamén como organizador da proba”. O vicecomodoro do CN Portonovo anunciou que se entregarán os premios Álvarez Conchado en A Pobra do Caramiñal trala primeira xornada e os premios da xeral de cada clase en Portonovo a conclusión da regata. Ademáis, entregarase o premio especial Groupama Seguros o mellor barco clasificado. “Serán entre 25 e 30 embarcacions as que disputen a proba, unha participación numerosa”, concluiu.

Durante o sábado 21 e domingo 22 de agosto, entre 25 e 30 cruceiros con Habitabilidade ORC afrontarán a decimocuarta edición do torneo, que se disputará nas rías de Pontevedra e Arousa e que unirá as localidades de Sanxenxo e A Pobra do Caramiñal. A regata disputarase en dous mangas e prolongarase durante dous días.

O sábado, as embarcacions participantes sairán das proximidades do Clube Náutico de Portonovo a partir das 13.00 horas para iniciar unha manga costeira que finalizará en A Pobra do Caramiñal. Unha vez en terra, entregaranse os premios Álvarez Conchado no Restaurante Chicolino as 19.30 horas o primeiro, segundo e terceiro clasificado da primeira proba de cada clase. Despois, os regatistas disfrutarán duns pinchos e pernoctarán na localidade coruñesa.

O domingo, as 13.00 horas, os barcos iniciarán a segunda e definitiva manga con destino Portonovo. As 19.30 horas, unha vez concluida a regata, entregaranse os premios os tres primeiros clasificados de cada clase no Hotel Galatea. Ademáis haberá un trofeo para o mellor clasificado, o Trofeo Groupama Seguros, e outro para o mellor clasificado do Clube Náutico de Portonovo –que non esté entre os tres primeiros clasificados-. Tamén faranse sorteos de prendas deportivas e obsequios dos patrocinadores entre os tripulantes das embarcacions participantes.

A data límite de inscrición e o venres 20 de agosto as 20.00 horas.

A regata está organizada conxuntamente polo Clube Náutico de Portonovo e o Clube Náutico Caramiñal, coa colaboración da Federación Galega de Vela. Os dous clubes contan coa colaboración de Pescamar, Hotel Galatea, Oca Hotels, Promotores Álvarez Conchado e Groupama Seguros.