O Clube Náutico de Portonovo presenta maña a decimocuarta edición da Regata de Cruceiros Hotel Galatea-Oca Hotels-Conservas Pescamar


17/08/2010 |   O acto terá lugar as 12.30 horas na fábrica de Conservas Pescamar de Poio

O Clube Náutico de Portonovo e os patrocinadores da XIII Regata de Cruceiros Clube Náutico de Portonovo-Trofeo Hotel Galatea-Oca Hotels-Conservas Pescamar, que se disputará os próximos días 21 e 22 de agosto entre Portonovo e A Pobra do Caramiñal, presentarán maña na fábrica de Conservas Pescamar en Poio os detalles da cita, unha das regatas máis atractivas da tempada estival.
Xunto o Vicecomodoro do Clube Náutico de Portonovo, José Diz, comodoro, estarán Lupe Murillo, directora xeral de Conservas Pescamar, e Arturo Rodríguez, director do Hotel Galatea, representantes dos dous grandes patrocinadores e apoios da cita.
Durante o fin de semana, entre 20 e 30 embarcacions afrontarán a decimocuarta edición do torneo, que conta, por segundo ano consecutivo, co patrocinio de Conservas Pescamar e o hermanamento co Clube Náutico Caramiñal de A Pobra, polo que a regata chegará e saira dende a localidade coruñesa.
A regata disputarase en dous mangas e prolongarase durante dous días.
O sábado, as embarcacions participantes sairan das proximidades do Clube Náutico de Portonovo a partir das 12.00 horas para iniciar unha manga costeira que finalizará na Pobra do Caramiñal. Unha vez en terra, os regatistas disfrutarán duns pinchos e farán noite na localidade coruñesa.
O domingo, sobre as 12.30 horas, os barcos iniciarán a segunda e definitiva manga con destino Portonovo. As 19.30 horas, unha vez concluida a regata, entregaranse os premios os gañadores no Hotel Galatea. Ademáis haberá un trofeo para o mellor clasificado, patrocinado por Groupama Seguros.
Os organizadores darán todolos detalles da cita nunha rolda de prensa que terá lugar maña mércores 18 de agosto as 12.30 horas na fábrica de Conservas Pescamar, en Poio.

Gabinete de Comunicación Clube Náutico de Portonovo