Excelente participación, nunha das citas clásicas da Ria de Pontevedra

ANAUSKA IV do club náutico San Vicente do mar vencedor absoluto da regata Club Náutico de Portonovo – Trofeo Casino La Toja

Trofeo Casino La Toja
09/08/2010 |   ANAUSKA IV e YOUKOUNKO vencedores das dúas clases que compitieron na VIII edición da regata Club Náutico de Portonovo, Trofeo Casino La Toja que se celebrou a pasada fin de semana en augas da Ria de Pontevedra.

A clásica regata pontevedresa tivo unha participación de 16 barcos divididos en dúas clases, o Travesio do Liceo Casino patroneado por César Martínez e o Anauska IV do Club Náutico de San Vicente foron os vencedores das dúas clases en que se dividiu a competición, aínda que na xeral absoluta foi o Anauska IV de Jose María García acompañado no cadro de honor polo YOUKOUNKOUN de Adolfo Castro pertencente ao Club Náutico de Portonovo e o Travesio de Cesar Martínez os que ocuparon os 3 primeiros postos da regata.

A regata estaba composta por dúas mangas, a xornada do sábado de 16,8 millas e a do domingo de 12,2 millas, na primeira xornada chegáronse a ter 23 nós con ventos iniciados do noroeste, mentres que na do domingo “Eolo” baixo a súa densidade logrando un máximo de refachos de dez, aínda que nalgún caso chégose a só 4 nós, o cal provocaba zonas de encalmada, na xornada do sábado o YOUKOUNKOUN converteuse en líder profesional da primeira manga que tivo a súa saída ás 12 da mañá aos pés do Náutico de Portonovo con bolla de desmarque rumbo ao faro de Morrisca por estribor, seguindo ata o faro Picamillo e Camouco volvendo a Mourisca en que se pasou por babor e os 16 barcos despois de percorrer 16 millas chegaron ao Náutico de Portonovo sendo o mais rápido o YOUKOUNKOUN investindo un tempo de 2 horas 44 minutos e 37 segundos.

A manga do domingo presentábase climatoloxicamente diferente, cun día mais feble incluso con zonas de calma, cun vento rolón cara ao sur, os 16 barcos inscritos saíron dirección Mourisca tomandoa por estribor rumbo a Picamillo e volta cara a Portonovo. Foi unha manga chea de incidencias en que algún barco engánchose nas nasas que ateigaban os inmediacións do faro de Ons.

Ás 19:30 horas da tarde nas novas instalacións do club procedeuse á entrega de premios aos tres primeiros de cada clase e así mesmo procedeuse á entrega dun premio especial promovido por Groupama, á entrega de premios asistiron o presidente do club náutico de Portonovo acompañado polas relacións publicas do casino da Toja Gemma López e o director de Groupama en santiago Miguel Ruiz.