VI Campionato Galego de Video Sub 2010


03/06/2010 |   O Clube Náutico de Portonovo consciente da importancia de dar a coñecer os nosos fondos mariños, e de potenciar as actividades subacuaticas organiza o VI Campeonato Galego de Video Sub 2010, que se disputará en augas da Ría de Pontevedra (Entre o espigón do porto de Portonovo e Praia de Bascuas) os días 19 e 20 de xuñode 2010.

Este campionato terá unha duración de dous días, o primeiro celebraranse as probas; e o segundo día realizarase a edición do video, cada parte do campionato terá unha duración de catro horas e realizarase conforme o Regulamento do Campionato de España (Cevisub), aprobado pola FEGAS (poderase solicitar o Club, ou descargalo da sua páxina web, a partir do martes día 1 de xuño).

E imprescindible estar en posesión do Título de mergullador (serán válidas outras titulacions no Fedas) e da Licencia Federativa en vigor, así como o Certificado Médico do equipo participante.

Axuntamos as normas de participación, folla de inscripción e demáis documentación.

Por todo iso, coñecendo a vosa afición o mundo submarino, invitamosvos a participar neste Campionato.

A inscrición podedes facela por correo electrónico e antes do 12 de xuño de 2010, as 20:00 horas.
Os próximos días 19 e 20 de xuño celebrarase o XXII Campionato de video submarino, organizado polo Clube Náutico de Portonovo