Este sábado, 14 de novembro tivo lugar a entrega de trofeos do I Campionato Galego de Fotografía submarina Vila de Portonovo


19/11/2009 |   O día 14 de novembro, no Auditorio Municipal de Bueu, tivo lugar a partir das 18:00 horas, a entrega dos Premios Imaxen FEGAS 2009. En dito acto procedeuse a entrega dos trofeos os gañadores do II Trofeo Deputación de Pontevedra, organizado polo Clube Buceo Ons; o VIII Trofeo Cidade de Vilagarcia, organizado polo Clube Arosa Sub; I Trofeo Vila de Portonovo, organizado polo Clube Náutico de Portonovo, o XXII Cto Galego de fotosub organizado polo CAS Viveiro e o I Trofeo Hotel Bahia de O Grove, organizado polo Clube Bahia Sub.

O acto comezou cunhas palabras do Delegado de fotografía da Federación Galega de Actividades Subacuaticas Don Manuel Montesinos, que se desenvolveu da seguinte maneira:
Proxección das mellores fotos dos primeiros cinco clasificados en cada campionato. Proxección das imáxes presentadas no NAFOSUB 2009 por Jorge Candan
Proxección das mellores imáxes realizadas no CTO de España Cazafoto- sub polos fotógrafos Luis Martínez e Xoan Cambeiro.
Proxección dos videos de Lino Montan e Jorge Candan presentados no CAVISUB 2009

A entrega de trofeos acudiron o Presidente do Clube Arousa Sub, Silverio Bouzas; o presidente do Clube Buceo Ons, Rafael Gutiérrez; o Presidente do Clube Náutico de Portonovo, Don Javier Ruiz de Cortazar Díaz; o Delegado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Don Enrique Sotelo; o Secretario da Federación galega de Actividades Subacuaticas, Don Antonio Saa; o Presidente do CAS Vivero; unha representante do Clube Bahia Sub e o Vicepresidente da FEGAS.

Unha vez entregados os trofeos procedeuse a servir un viño os presentes.