O Porto deportivo contará cun aparcamento máis amplo


19/11/2009 |   A finales do mes de outubro, comezaron as obras de ampliación do aparcamento do porto deportivo, que ten en concesión o Clube Náutico, calculando que poida estar operativo a finales de novembro principios de decembro.

A ampliación vai encamiñada en dous sentidos: un o aumentar prazas e o segundo en ordear mellor o espazo dentro do porto, para todolos usuarios do mesmo, facilitando a circulación. Para isto abrese outra entrada para acceder a mariña seca e varadeiro, acondicionando a actual entrada so para o aparcamento do clube náutico, en dita entrada habilitarase unha canle de entrada e outra de saida coa colocación de bolardos.