O DELFIN GASPAR VISITA O CLUB NAUTICO DE PORTONOVO


31/08/2009 |   A presencia do delfín xa famoso, Gaspar, na ría de Pontevedra está a levantar un gran revuelo nos municipios de Bueu, Marín e Sanxenxo, onde o animal parece sentirse máis cómodo.

Despois de pasar un tempo na ría de Vigo, Gaspar paseouse por case toda a costa pontevedresa, recalado no día de onte no porto deportivo de Portonovo, onde paseou entre os barcos xogando con todo o que se atopaba, e facendo cabriolas para o deleite dos máis pequenos que estaban nese momento nos pantalanes do porto deportivo, o final Gaspar pusoxe a xogar coas gazas das embarcacions terminado por enrolar unha delas a unha das embarcaions do club náutico.

Os expertos din que: «Pedimoslle a xente que se quede mirando, pero que non fagan xogos con cabos nin se acerquen a tocalo. E un animal salvaxe e polo tanto e imprevisible»,Gaspar non e capaz de diferenciar un cabo movido para xogar e atraelo cerca dos humanos do que son as artes de pesca. O final, un dos resultados e que Gaspar acaba destrozando raños e cables marinos como xa pasou en Portonovo.

doc