A XIII Regata Hotel Galatea-Oca Hotels-Edificio Curota-Trofeo Pescamar volve un ano máis a escea da man do Club Náutico de Portonovo.

A REGATA HOTEL GALATEA-OCA HOTELS-EDIFICIO CUROTA-TROFEO PESCAMAR PERCORRERA AS RIAS DE PONTEVEDRA E AROUSA ESTA FIN DE SEMANA

PRESENTACION DA XIII REGATA HOTEL GALATEA
19/08/2009 |   Os organizadores e patrocinadores reuníronse na fábrica de Conservas Pescamar de Poio para dar os detalles da cita

A XIII Regata Hotel Galatea-Oca Hotels-Edificio Curota-Trofeo Pescamar volve un ano máis a escea da man do Club Náutico de Portonovo. Os organizadores e patrocinadores da cita, que traerá este fin de semana a case 30 embarcacións ás augas pontevedresas e coruñesas, presentaron esta mañá na fábrica de Conservas Pescamar de Poio os detalles da cita.

Javier Ruiz de Cortázar, presidente do Club Náutico de Portonovo, foi o encargado de ofrecer os detalles da cita xunto a Lupe Murillo, directora xeral de Conservas Pescamar, e Arturo Rodríguez, director do Hotel Galatea.

O máximo responsable do club portonovés quixo manifestar todo o seu agradecemento a Conservas Pescamar "pola súa colaboración desinteresada que nos presta nunha época moi difícil para a economía". "Estamos ante unha regata consolidada dentro do circuíto galego, non só na nosa ría, senón que tamén serve de reclamo para embarcacións de clubes náuticos doutras rías", asegurou.

Ruiz de Cortázar informou de que a regata disputarase nas rías de Pontevedra e Arousa "grazas á colaboración do Club Náutico Caramiñal, que este ano actúan tamén como organizador da proba". O presidente do CN Portonovo anunciou que se entregarán os premios Álvarez Conchado na Pobra do Caramiñal trala primeira xornada e os premios da xeneral de cada clase en Portonovo á conclusión da regata.

Ademais, entregarán o premio especial Groupama Seguros ao mellor barco clasificado. "Serán entre 25 e 30 embarcacións as que disputen a proba, unha participación numerosa", concluíu.

Durante o sábado 22 e domingo 23 de agosto, entre 25 e 30 cruceros con Habitabilidad ORC afrontarán a decimotercera edición do torneo, que se disputará nas rías de Pontevedra e Arousa e que unirá as localidades de Sanxenxo e A Pobra do Caramiñal. A regata disputarase en dúas mangas e prolongarase durante dous días.

O sábado, as embarcacións participantes sairan das proximidades do Club Náutico de Portonovo a partir das 13.00 horas para iniciar unha manga costeira que finalizará na Pobra do Caramiñal. Unha vez en terra, entregaranse os premios Álvarez Conchado no Restaurante Chicolino ás 19.30 horas ao primeiro, segundo e tercer clasificado da primeira proba de cada clase. Despois, os regatistas gozarán duns pinchos e pernoctarán na localidade coruñesa.

O domingo, ás 13.00 horas, os barcos iniciarán a segunda e definitiva manga con destino Portonovo. Ás 19.30 horas, unha vez concluída a regata, entregaranse os premios aos tres primeiros clasificados de cada clase no Hotel Galatea. Ademais haberá un trofeo para o mellor clasificado, o Trofeo Groupama Seguros, e outro para o mellor clasificado do Club Náutico de Portonovo, que non estea entre os tres primeiros clasificados-. Tamén se farán sorteos de pezas deportivas e obsequios dos patrocinadores entre os tripulantes das embarcacións participantes.

A data límite de inscripción é o venres 21 de agosto ás 20.00 horas.

A regata está organizada conxuntamente polo Club Náutico de Portonovo e o Club Náutico Caramiñal, coa colaboración da Federación Galega de Vela. Os dous clubs contan coa colaboración de Pescamar, Hotel Galatea, Oca Hotels, Promotores Álvarez Conchado e Groupama Seguros.