Comeza a tempada de veran do Clube Portonovés

A REGATA DE CRUCEIROS TROFEO CASINO A TOXA COMEZA ESTE FIN DE SEMANA


16/07/2009 |   O Clube Náutico de Portonovo presenta outro ano máis, as suas actividades de veran. Durante os meses de xullo e agosto organizará distintos campionatos dirixidos os amantes da vela, pesca e mergullo.

A primeira competición que se celebrará e a VII Regata Clube Náutico de Portonovo Trofeo Casino A Toxa na sua V edición, proba xa consolidada no mes de xullo na Ría de Pontevedra, a que habitualmente acuden embarcacions de distintas Rías galegas.

O V trofeo Casino A Toxa desenvolverase esta fin de semana, os días 18 e 19 de xullo. A proba está patrocinada polo Casino A Toxa e Supermercados Gadis, colaborando tamén Groupama Seguros e Coca Cola Begano.

A organización estima que acudirán máis de cen participantes e unha veintena de embarcacions. Tralas anteriores edicions, o número de embarcacions e regatistas mantiveronse, o que amosa o interese que hai por ista proba de dous días de duración. Embarcacions das Rias de Pontevedra, Vigo e Arousa, procedentes dos Náuticos de Beluso, Aguete, Sanxenxo, Portonovo, San Vicente, Puebla, Vigo e Cangas, daranse cita en Portonovo os días 18 e 19 de xullo.

O sábado día 18 darase a saida o redor das 12 horas cun percorrido costeiro, saindo das inmediacions do porto deportivo do Clube Náutico de Portonovo. Poa noite haberá unha recepción dos participantes no Casino A Toxa na que se entregarán diversos agasallos e sorteos.

O domingo día 19 celebrarase a segunda manga, saindo tamén das inmediacions de Portonovo con outro percorrido costeiro, pero máis curto que o do día anterior, o finalizar procederase a entrega dos trofeos nas instalacions que o clube náutico ten no porto deportivo de Portonovo.

A inscripción estará aberta ata unhas horas antes do comezo da proba do sábado.