ÉXITO DA I RUTA NÁUTICA GASTRONOMICA DO CLUBE NÁUTICO DE PORTONOVO

Almorzo de confraternizacion
15/07/2009 |   O pasado sábado, día 11 de xullo celebrouse a I concentración de embarcacions do Clube Náutico de Portonovo na Ría de Pontevedra e unha posterior comida de confraternización no pobo de Combarro.

Na mesma participaron máis de 19 embarcacions de motor e vela e congregaronse 80 persoas en torno o almorzo organizada para este evento. O almorzo celebrouse no restaurante o Peirao rexentado pola familia Alvariñas, restauradores coñecidos da zona.
Tal e como estaba previsto a partir das doce do seran foron saindo as embarcacions do porto deportivo de Portonovo, para concentrarse sobre as 14 horas no porto deportivo de Combarro, e dende alí dirixirse o restaurante onde se celebrou o almorzo.

No transcurso da mesma procedeuse o sorteo e entrega de agasallos aportados polas empresas Groupama Seguros, Coca Cola Begano e Supermercados Gadis. Dende eiquí o noso sincero agradecemento pola sua colaboración na aportación de agasallos para os socios.

Sobre as 18:00 horas a expedición marítima, puxo rumbo a Portonovo.

A experiencia resultou un éxito, comprometéndose a xunta directiva a seguir organizándoa.