O 14 de xuño celebrouse nas augas de Portonovo o II Campionato de fotografía submarina con equipo autónomo, clasificatorio para o campionato de España da mesma modalidade.

GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO II CAMPIONATO DE FOTOGRAFIA SUBMARINA


03/07/2009 |   MÁIS DE 42 MERGULLADORES PARTICIPARON NO MESMO

O 14 de xuño celebrouse nas augas de Portonovo o II Campionato de fotografía submarina con equipo autónomo, clasificatorio para o campionato de España da mesma modalidade.

Por segundo ano consecutivo o clube náutico de Portonovo organizou o campionato de fotografía dixital submarina nas súas augas. A primeira edición foi un éxito de participación. Nesta superáronse todas as expectativas ao inscribirse máis de 42 mergulladores entre fotógrafos e co- fotógrafos.

A zona de concurso seleccionada pola organización foi o baixo de Helmo.

O campionato tivo unha duración de catro horas, e realizouse conforme ao Regulamento de Competicións de Fotografía Submarina, aprobado pola FEGAS, dentro do Circuíto Galego 2009.

A proba comezou ás 09:00 horas do domingo día 14 de xuño, coa reunión de participantes, formateo de cartóns e preparación de equipos. Isto realizouse nunha embarcación tipo catamarán disposta pola organización de máis de 22 metros de eslora.

Sobre as 10:15 horas chegábase ao momento de inmersión, lanzándose o último equipo á auga sobre as 10:45 horas. A organización dispuxo de tres embarcacións neumáticas de apoio e unha de protección civil para dar apoio aos submarinistas. E vixiar pola seguridade dos mesmos.

O tempo axudou á realización da xornada, cun mar en calma e relativa boa visibilidade.

Deuse un tempo de graza de 20 minutos, terminando a proba sobre as 14:20 horas, trasladándose todos os participantes e organización aos locais do club náutico de Portonovo onde estaba preparada unha comida para os mesmos.