O próximo día 14 de xuño celebrarase nas augas de Portonovo o II Campionato de fotografía submarina

II CAMPIONATO DE FOTOGRAFIA SUBMARINA “VILA DE PORTONOVO” CLASIFICATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 2009


01/06/2009 |   O próximo día 14 de xuño celebrarase nas augas de Portonovo o II Campionato de fotografía submarina con equipo autónomo, que será clasificatorio para o campionato de España da mesma modalidade.

Por segundo ano consecutivo o club náutico de Portonovo organiza o campionato de fotografía digital submarina nas súas auga. A primeira edición foi un éxito de participación. A zona de concurso estará comprendida entre o espigón do porto de Portonovo e a praia de Bascuas.

O campionato terá unha duración de catro horas, e realizarase conforme ao Reglamento de Competicións de Fotografía Submarina, aprobado pola FEGAS, dentro do Circuíto Galego 2009 e puntuable para o campionato de España de fotografía submarina.

A proba dará comezo ás 09:00horas do domingo día 14 de xuño, coa reunión de participantes, formateo de tarxetas e preparación de equipos nos locais do porto deportivo. A proba dará comezo ás 10:00 horas rematando ás 14:00 horas.


É imprescindible o estar en posesión do Título de buceador Fegas e da Licenza Federativa en vigor, así como o Certificado Médico do fotógrafo e co-fotógrafo.

A inscripción poderase realizar por teléfono, ou correo electrónico e antes do 9 de xuño de 2009, ás 20:00 horas.

Teléfono inscripción: 986.723.266
Email: nauticoportonovo@hotmail.com