A caixa de aforros subscribiu un convenio de colaboración en materia deportiva co Club Náutico de Portonovo

CAIXANOVA PATROCINARÁ ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLO CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO


23/02/2009 |   A caixa de aforros subscribiu un convenio de colaboración en materia deportiva co Club Náutico de Portonovo

Caixanova patrocinará actividades desenvolvidas polo Club Náutico de Portonovo

- O acordo permitirá a organización da Regata de optimist "Trofeo Caixanova", na que participarán os alumnos da Escola de Vela do club

Sanxenxo, 9 de febreiro de 2009.- Caixanova e o Club Náutico de Portonovo asinaron un convenio de colaboración en materia deportiva que contempla, entre outras novidades, a organización dunha regata de optimist que se denominará "Trofeo Caixanova". O acordo foi rubricado polo presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruiz de Cortázar, e o director de Relacións Institucionais de Caixanova en Pontevedra, Antonio Gómez Rivera.

No marco deste convenio, Caixanova figurará como patrocinador principal das embarcacións da Escola de Vela do club pontevedrés. De igual xeito, a regata de optimist "Trofeo Caixanova" que organizará a entidade deportiva contará coa participación de alumnos da súa Escola.

O Club Náutico de Portonovo, fundado en 1992, ten entre os seus fins fundacionales a potenciación na súa área de influencia dos deportes náuticos, moi especialmente a vela, a pesca e o buceo. Na actualidade, a entidade conta con máis de 330 socios entre fundadores de número e familiares, e unha flota de 200 embarcacións.

Entre as súas actividades para este ano, pretende que os escolares da Vila de Portonovo poidan acceder á vela lixeira, ofrecendo a súa escola aos colexios da zona como unha actividade extraescolar, permitindo así que a mocidade non perda o seu contacto co mar e viva de costas a el. Así mesmo presenta a súa actividades para esta primavera e verán, divididas en tres seccións: Buceo, Vela e pesca deportiva, destacando as regatas de vela Crucero Trofeo Casino e A Toja e o Trofeo Hotel Galatea na sección de vela; e a preparación dun campionato de fotografía submarina puntuable para o campionato de España en materia subacuatica.

Pola súa banda, Caixanova entende o deporte como un elemento fundamental que contribúe á formación e ao desenvolvemento integral da persoa, ademais de mellorar a calidade de vida e o benestar social. Por iso, a entidade financeira destina máis de dous millóns de euros anuais á promoción de equipos e deportistas galegos, así como á difusión das diferentes modalidades deportivas entre os máis novos.

No caso dos deportes náuticos, a caixa de aforros galega mantén unha estreita colaboración con boa parte dos clubs náuticos galegos. Ademais, cabo destacar neste ámbito o Libro Azul da Náutica, un plan estratéxico sobre este sector elaborado pola Escola de Negocios Caixanova.

Gabinete Comunicación Club Náutico de Portonovo