O pasado sábado, 25 de outubro tivo lugar a entrega de trofeos do XXI Campionato Galego de Fotografía submarina.

ENTREGA DE TROFEOS DO XXI CAMPIONATO GALEGO DE FOTOGRAFÍA SUBMARINA


10/11/2008 |   O día 25 de outubro, no Auditorio Municipal de Bueu, tivo lugar a partir das 19:00 horas, a entrega dos trofeos do Circuito de Fotografía Submarina de Galicia. En dito acto procedeuse á entrega dos trofeos ós gañadores do I Trofeo Deputación de Pontevedra, organizado polo Clube Buceo Ons; o Trofeo Vila de Vilagarcia, organizado polo Clube Arousa Sub e en XXI Campionato galego de Fotosub, organizado polo Clube Náutico de Portonovo.

O acto comenzou cunhas palabras do Delegado de fotografía da Federación Galega de Actividades Subacuaticas, Don Manuel Montesinos, sendo proxectado a continuación as mellores fotos dos primeiros cinco clasificados en cada campionato.

Á entrega de trofeos acudiron o Presidente do Club Arousa Sub, Silverio Bouzas; o presidente do Club Buceo Ons, Rafael Gutiérrez; o Presidente e comodoro do Club Náutico de Portonovo, Don Javier Ruiz de Cortazar Díaz e Don José Luis Pérez Sobral; o representante do Concello de Bueu, Don Manuel Rodríguez; o Delegado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Don Enrique Sotelo; o Secretario da Federación galega de Actividades Subacuaticas, Don Antonio Saa e o Presidente Don José Serna Lago.

Unha vez entregados os trofeos procedeuse a servir un viño ós presentes.