A falta de vento impediu que se disputara a segunda xornada

ZIRALLA, PESCAMAR SEMANA-NAVAL E SESE LEVANSE O TROFEO HOTEL GALATEA


25/08/2008 |   ZIRALLA, PESCAMAR SEMANA-NAVAL E SETE LEVANSE O TROFEO HOTEL GALATEA

A falta de vento impediu que se disputara a segunda xornada


Portonovo, 24 de agosto de 2008.- A segunda e derradeira xornada da XII Regata de Cruceiros Club Náutico de Portonovo/Trofeo Hotel Galatea – Oca Hotels despediu a competición cos barcos en terra pola ausencia de vento.

Os apenas 4-5 nudos de intensidade que dominaban nas proximidades do Club Náutico de Portonovo impediron que as embarcacións puidesen saír ao mar para disputar unha nova proba. Ás 14.00 horas, cando estaba fixada a saída da regata, os participantes tiveron que afrontar un aprazamento en terra. Ás 16.00 horas a situación non variou, polo que a XII Regata de Cruceiros Club Náutico de Portonovo/Trofeo Hotel Galatea – Oca Hotels deuse por concluida.

Desta xeito, os ganadores das 3 clases participantes son os que onte mesmo se facían co liderato, polo que non hai modificacións en cabeza.

Na clase 1, o Ziralla de Ángel Sabuz, do C.N. Caramiñal, fixose co trofeo de campión. Segundo foi o Sagar IV, tamén do C.N. Caramiñal, e o Anuska IV, do C.N. de San Vicente do Mar.

Na clase 2, o gañador foi o Pescamar Semana-Naval, do Real Club Náutico de Sanxenxo, seguido de Vagalume e Brétema V.

Por último, en clase 3, impuxose o Sete. O Travesío do Liceo de Vilagarcía de Arousa foi segundo e o Pintiña Dos, do Club Náutico de Portonovo, terceiro.

Ás 19.00 horas tivo lugar a entrega de trofeos nas instalacións do Hotel Galatea, coa presencia de destacadas personalidades, organizadores e patrocinadores do evento. Os gañadores da proba recibiron os seus merecidos premios, tras os cales puideron disfrutar dun ágape ofrecido polo Hotel Galatea. Ademáis, de sortear agasallos para tódolos participantes.