VI CAMPIONATO DE PESCA DEPORTIVA RODMAN


09/07/2008 |   Preto dunha vintena de participantes participarán no Campionato Rodman Pesca Deportiva sobre embarcación fondeada, que terá lugar o 30 de agosto en augas de Portonovo. Desde as 9.00 ás 14.00 horas, os competidores tentarán converterse nos campións desta sexta edición. Ademais do premio á maior puntuación, entregaranse os galardóns á maior captura e ao maior número de pezas. Trala competición, os participantes disfrutarán dunha caldeirada con peixe capturado durante a xornada.