VI REGATA DE CRUCEIROS CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO/IV TROFEO CASINO LA TOJA


09/07/2008 |   A primeira cita coa competición chega o sábado 19 e o domingo 20 de xullo coa sexta edición da tradicional regata de Cruceiros, que supón o IV Trofeo Casino La Toja. A proba, patrocinada ademais de polo Casino La Toja por Gadis, Asnauga e Coca-Cola, traerá a Portonovo ás mellores embarcacións das rías de Pontevedra, Arousa e Vigo. Unha vintena de cruceiros e máis dun cento de participantes invadirán a ría de Pontevedra durante a fin de semana na busca do trofeo ao mellor da provincia. Participarán, ademais do Club Náutico de Sanxenxo, o Club de Mar de Aguete, o Real Club Náutico de Sanxenxo, o Club Náutico de Beluso, o Club Náutico de Ribeira, o Club Náutico de Rianxo, o Real Club Náutico de Vigo e o Club Náutico de Rodeira.