II Campionato Circuíto FotoSub-Trofeo Vila de Portonovo


24/05/2018 |   REGULAMENTO PARTICULAR

1. Artigo 1º: OBXECTO

1.1. O obxecto deste documento é completar o recolleito polo Regulamento de Competición FEGAS de Fotografía Submarina vixente, para a celebración do II Campionato Circuíto FotoSub-Trofeo Vila de Portonovo, organizado polo CLUB DE NAUTICO DE PORTONOVO.

2. Artigo 2º: DESENVOLVEMENTO DA COMPETICIÓN

2.1. O campionato celebrarase o día 10 de xuño nas augas da Ría de Pontevedra, entre o espigón do porto de Portonovo e Praia de Bascuas. (Segundo condicións do mar).

2.2. O punto de reunión para os competidores será o Club Náutico de Portonovo, comezando ás 08.15 horas, coa presentación de documentación, preparación de equipos e 1ª Foto Control.

2.3. Antes do comezo da primeira inmersión terá lugar unha reunión informativa entre os participantes, o comité de competición e a organización para explicar o desenvolvemento da proba, plan de seguridade, horarios e programa detallado.

2.4. A competición constará de dúas inmersións dun máximo de 100 minutos cada unha; a primeira delas dará comezo ás 09:30 horas, e a segunda ás 11:30 horas. Tanto a duración das inmersións como as horas de comezo
poderán ser modificadas pola Organización da proba se esta considérao conveniente para o bo desenvolvemento da competición.

3. Artigo 3º: INSCRICIÓNS

3.1. Para poder participar na competición deberase cubrir o documento de inscrición específico, e remitilo vía correo electrónico antes das 18:00 horas do 06 de xuño á seguinte dirección de correo electrónico:
nauticoportonovo@hotmail.com, con copia a fegas@fegas.net.

3.2. No lugar de presentación entregaranse os orixinais da documentación requirida: folla de inscrición asinada, licenza federativa en vigor, titulación de mergullo, certificado médico en vigor e DNI, do fotógrafo e co-fotógrafo. Lémbrase
que, de acordo co indicado nas normas de seguridade para o mergullo, o certificado “deberá ser realizado por médicos que posúan título, especialidade, diploma ou certificado relacionado con actividades subacuáticas
emitido por un organismo oficial”. Igualmente, lémbrase a obrigatoriedade de ir equipado con polo menos un regulador con dobre segunda etapa (ou dobre regulador), manómetro (ou grifería con sistema de reserva), coitelo, e conxunto de reloxo - profundímetro - táboas ou computador de mergullo.

3.3. A titulación de mergullo de polo menos un dos integrantes de cada equipo será CMAS/ FEDAS 2 estrelas ou superior, ou equivalente e convalidable por CMAS/ FEDAS a B2E ou superior se se trata doutra certificadora. Os equipos deberán cumprir os límites establecidos para o de menor nivel de mergullo.

4. Artigo 4º: ENTREGA E SELECCIÓN DE FOTOGRAFÍAS

4.1. Os fotógrafos dispoñerán de dous días para visionar e seleccionar as súas imaxes, cos seus propios dispositivos de visionado, debendo enviar por correo electrónico o documento de selección de imaxes e a “folla de contactos”
como moi tarde o martes, día 12 de xuño ata as 20:00 horas. Se transcorrido ese tempo o fotógrafo non indicou as fotos seleccionadas, entenderase que se retira da competición.

5. Artigo 5º: MACRO SELECTIVO

6. Establécese como macro selectivo: NUDIBRANQUIO TRICOLOR

7. Artigo 6º: FOTOGRAFIAS

7.1. Intégrase en todos os Regulamentos a seguinte cláusula. A participación no campionato implica a aceptación das seguintes condicións polo participante:

AUTORIZACIÓN PARA TOMA E PUBLICACIÓN DE IMAXES

A participación na competición implica a autorización á Federación Galega de Actividades Subacuáticas ( FEGAS) e ao Club Náutico de Portonovo para difundir parte ou a totalidade das imaxes recollidas sobre o evento en calquera medio de comunicación, escrito e/ou audiovisual, sen límite territorial,
así como á súa utilización polo Club e a FEGAS na súa publicidade. Así mesmo, autoriza á FEGAS e ao Club Náutico de Portonovo a utilizar as imaxes obtidas froito da competición para a súa publicación na páxina web
corporativa de FEGAS, nas galas de entrega de premios, así como para o envío de noticias exclusivas para anunciar a celebración e os resultados dos devanditos campionatos, quedando limitado no caso de cesión de vídeos para a súa emisión en televisión, ao 40% da duración de cada vídeo, co
fin de divulgar e promocionar este tipo de actividade e nunca con fins comerciais.

Para calquera outro tipo de utilización, requirirase autorización expresa do autor das imaxes. Igualmente autorízase a toma de fotografías e/ou gravación de imaxes dos participantes por parte dos reporteiros gráficos
acreditados para cubrir as competicións de acordo ao exposto no presente Regulamento.

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, e o Regulamento do seu desenvolvemento RD 1720/2007, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxos responsables son a FEGAS con domicilio en Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez nº 6, 1º 15001 A Coruña
e o Club Náutico de Portonovo, Rúa Rafael Picou nº 44 Portonovo 36960. A finalidade deste ficheiro é a xestión de imaxes tomadas durante a celebración de saídas, campionatos e outros eventos organizados pola entidade ou facilitados polos federados. Se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ás direccións sinaladas, achegando unha fotocopia do seu DNI.

8. Artigo 7º: ACTOS SOCIAIS E EQUIPAMENTO

8.1. Os participantes e acompañantes que desexen acudir á comida deberán abonar esta, a razón de 10 euros por persoa. O ingreso deberase facer no momento da inscrición, e sempre antes do día 6 de xuño na conta bancaria do Club Náutico de Portonovo S56-2080-5455-1530-
4010-9583 ( ABANCA), indicando nome das persoas que acudirán.

8.2. O Club poñerá a disposición dos participantes un total de 6 botellas de 12 litros, por se fixesen falta. Adxudicaranse por rigorosa orde de solicitude, que deberá facerse por escrito ao correo electrónico do Club Náutico antes das 18:00 horas do día 6 de xuño.

CRONOGRAMA

Programa estimado:

Encontro:
Porto deportivo Club Náutico de Portonovo ( Portonovo-Pontevedra) ás 08:15 horas para formateo de cartóns e preparación equipos.

Domingo Día 10 de xuño:

• 08:15. Presentación documentación, preparación de equipos
e 1ª Foto Control.
• 09:00. Saída
• 09:30. Inicio da competición. Duración 2+2=4 h.
• 13:10. Fin da competición.
• 13:30. Regreso a Porto basee. Entrega cartóns.
• 14:30-15:00 Inicio Comida.
• 16:30. Fin Comida. Clausura.

As horas remarcadas consideraranse límites e no caso de incumprimento pode supoñer, segundo o caso, sanción ou a descualificación do Campionato.


doc