O Clube Náutico de Portonovo oitavo ano con Bandeira Azul. É o Clube Náutico da Provincia de Pontevedra con máis certificacións de medioambente e calidade


18/05/2018 |   O Clube Náutico de Portonovo obten por oitava vez consecutiva a Bandeira Azul, que sumado ás certificacións "Q" de calidade, EMAS e ISO 14001 de medioambente, lle confire a este clube a satisfacción de ser o que máis certificacións dispon na provincia. O mantemento das certificacións de calidade e medio ambente esixe inversións e o mantemento de boas prácticas, actividades náuticas, cursos, etc., isto reflexase no servicio que ofrece este Clubr nas súas instalacións, potenciando as actividades náuticas na Vila mariñeira.

A Bandeira Azul é otorgada anualmente polo organismo europeo ADEAC-FEEE. O galardón foi conseguido este ano por 15 portos deportivos galegos. É un recoñecemento ó traballo de varios anos e ó cumplimento da lexislación europea en materia medioambiental e de accesibilidade"

O Clube Náutico considera que paga a pena o esforzo realizado tanto en recursos humans como económicos e técnicos, pois isto axuda a preservar a calidade do servicio e as augas, axudando tamén á potenciación do turismo da zona, o seu porto deportivo é un referente na calidade de servicios e instalacións, compromiso coa protección medioambiental e desenvolvemento sostible proba diso é a gran aceptación de embarcacións que recalan cada ano no seu porto deportivo, contribuindo á economía local de Portonovo, pois segundo os cálculos de Turismo de Galicia cada embarcación deixa en torno a uns 200 euros ó día en cada localidade a través de restaurantes, cafeterías, supermercados, etc, o que se calcula un retorno económico para a economía da Vila de Portonovo en cerca do millar de euros anuais beneficiando así ó conxunto dos negocios e veciños.

O clube Náutico de Portonovo considera que con isto contribuese a dignificar un sector e unha área que moitas veces é denostada pola masificación e a falta de concienciación.