4ª Edición A Lanzada Ocean Race


11/12/2017 |   Este sábado día 9 de decembro celebrouse en augas dos Concellos do Grove e Sanxenxo a 4ª edición de A Lanzada Ocean Race, proba organizada polo Club Náutico de Portonovo, nas modalidades de Surfski individual, Doble, Oc1 cun percorrido de 17 kilómetros con saída na Praia de A Lanzada, tomando unha boya de desmarque ata o fondo de Camouco nas inmediacións da illa de Ons e tomando rumbo ás instalacións do Náutico para rematar na praia de Baltar en Portonovo, onde había un gran ambiente para recibir ós máis de 70 surfskis que tomaron a saída de 4 países diferentes. Gran espectáculo tamén na saída de terra desde A Lanzada remontando os participantes as olas sen recibir ningún vuelco.

O gran dominador da regata na proba reina SS1 Élite foi o asturiano tres veces campión do mundo Walter Bouzan cun tempo de 1:16:32, seguido do internacional canario Ignacio Soler e do Asturiano Agustín Ordoñez, 4º o sudafricano Baley Fondaumiere, 5º o cuarto mundialista Luis Amado, sendo os 6º, 7º Enmanuel Silva e 8º Carlos Pérez Subcampión e campieón olímpicos respectivamente.

En SS2 os vencedores foron os pontevedreses Jacobo García e Iago Monteagudo, seguidos de Juan Gago e Jesús Dacosta do Ría de Aldán, sendo os terceiros os cambadeses Fernando Estévez e Juan Suarez Da Silva.

En SS1 Veterano victoria moi axustada de dous deportista de Santander Jonathan Rincón e Pablo Fernández, sendo o terceiro posto para Rafael Carril do Oviedo Kayak.

En SS1 Veterano máis de 50 victorias dol cántabro campión do mundo Francisco Calatayud, en SS2 Mixto a victoria foi para Carlos Besada e Araceli Menduiña, en OC1 para Jesús Pérez de Aldán, o SS1 muller para Tania Álvarez do Breogán do Grove. En SUP a victoria foi para Daniel Vázquez.

A entrega de premios tivo lugar no salón do Club Náutico de Portonovo, participando na mesma, o seu presidente Javier Ruiz de Cortazar Díaz, Fredi Bea Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Ángeles Herrero xefa Territorial de Turismo da Xunta de Galicia, Daniel Fernández e Juan Deza Concejales do Concello de Sanxenxo ey Carlos Besada, Fernando Pazó e Rafael Ortigueira delegado de piragüismo, Comodoro e Vogal do Club Náutico de Portonovo respectivamente. A continuación serviuse un pincho a tódolos participantes.

O Club Náutico agradeceu a tódolos colaboradores: Concello de Sanxenxo, Concello de O Grove, Diputación de Pontevedra, Gadis, Bodega Eidos, YPMarinas, Celtisub, Portosub, Tartaruga, Masé fotografía e Sipre, a súa axuda que permitiu a consecución da mesma con éxito.