Acordo para a creación do I CIRCUITO RIAS BAIXAS DE A DOUS


05/11/2017 |   05 novembro 2017

Co fin de potenciar o deporte da vela e os eventos con interese e características similares, os clubes CN Portonovo, Liceo Marítimo de Bouzas, Monte Real Club de Yates de Baiona e o Real Club Náutico Portosín mediante escrito e firma dos seus comodoros acordan instituir o I CIRCUITO RÍAS BAIXAS DE A DOS.

Dito Circuito constará dos seguintes eventos:

- TROFEO REPSOL no MRCY Baiona
- VOLTA A CIES no LICEO MARÍTIMO DE BOUZAS
- MEMORIAL RAFAEL OLMEDO - CTO GALEGO - MRCY BAIONA
- XIX GRAN TROFEO FARO DE CORRUBEDO - RCN PORTOSIN
- III TROFEO PITUSA SABÍN - RCN PORTOSIN
- XVII Regata CLUB NAUTICO PORTONOVO- CN PORTONOVO

Seis eventos con percorridos e condicións moi diferentes, que xuntos percorren ó completo as Rias Baixas desde Cabo Silleiro ata Faro Finisterre conseguindo así os puntos necesarios que designarán o vencedor absoluto e recoñecemento de CAMPIÓN do I CIRCUITO RIAS BAIXAS A DOUS.

Unha cita sen dúbida interesante e apetecible aos navegantes de A Dous que quere ser un complemento ós circuitos e eventos xa existentes.