CAMPIONATO GALEGO DE FOTOGRAFIA SUBMARINA “VILA DE PORTONOVO”


09/08/2017 |   CLASIFICATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 2017


O vindeiro día 20 de agosto celebrarase nas augas de Portonovo o Campionato de fotografía submarina con equipo autónomo, que será clasificatorio para o campionato de España da mesma modalidade organizado polo Clube Náutico de Portonovo e en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas e as empresas GADIS, CELTINAUTICA e CELTISUB.

Por noveno ano, o Clube Náutico de Portonovo organiza o campionato Galego de fotografía dixital submarina nas súas augas. As edicións anteriores foron un éxito de participación. Esperase que acudan fotógrafos submarinos de toda Galicia.

A zona do campionato estará comprendida entre o espigón do porto de Portonovo e a praia de Bascuas.

O campionato terá unha duración de catro horas, e realizarase conforme ó Regulamento de Competicións de Fotografía Submarina, aprobado pola FEGAS, dentro do Circuito Galego 2017 e puntuable para o campionato de España de fotografía submarina.

Os preparativos do Campionato comezarán ás 08:15 horas do domingo día 20 de agosto, coa reunión de participantes, formateo de tarxetas e preparación de equipos nos locais do porto deportivo. A proba en si dará comezo ás 09:30 horas rematando ás 13:30 horas.

A competición constará de dous inmersiones dun máximo de 100 minutos cada unha; a primeira delas dará comezo ás 09:30 horas, e a segunda ás 11:30. Tanto a duración das inmersións como as horas de comezo poderán ser modificadas pola Organización da proba se ésta o considera conveninte para o bo desenvolvemento da competición.

Posteriormente, recolleranse as tarxetas cos traballos realizados e celebrarase un xantar de despedida no restaurante "La Baliza" do Club Náutico de Portonovo.

O número de fotografías da proba a seleccionar polo fotógrafo ou no seu defecto polo Xurado calificador será de seis, distribuidas nos seguintes apartados:

2 Ambiente (1 con modelo, 1 sen modelo)
2 Peixes (1 enteiro, 1 primeiro plano)
2 Macro (1 selectivo, 1 no peixes)

A suma da puntuación de tódalas fotos, indicará a clasificación do participante.

Os fotógrafos disporán de dous días para visionar e seleccionar as súas imaxes, cos seus propios dispositivos de visionado, debendo enviar por correo electrónico o documento de selección de imáaxes e a “folla de contactos” como moi tarde o día 22 de agosto ata as 20:00 horas. Se transcurrido ese tempo o fotógrafo non houbera indicado as fotos seleccionadas, entenderase que se retira da competición.

É imprescindible o estar en posesión do Título de mergullador Fegas e da Licencia Federativa en vigor, así como o Certificado Médico do fotógrafo e co-fotógrafo.

A inscripción poderase realizar por correo electrónico e antes do 17 de agosto do presente ano, ás 18:00 horas.

doc