Oral Group, Travesío e Cassandra impoñense na XV Regata de Cruceiros Náutico Portonovo


17/07/2017 |   Magníficas condicións meteorolóxicas en ambas xornadas


Portonovo, 17 de Xullo de 2017.-

Cunhas condicións meteorolóxicas excelentes para regatear, disputouse durante este pasado fin de semana en augas da Ría de Pontevedra a 15ª edición da Regata de Cruceiros Clube Náutico Portonovo que organizou dito clube coa colaboración da sociedade pública Galicia Calidade, Concello de Sanxenxo e as firmas empresariais Gadisa, Yacht Port Marinas, correduría Lorente y Rivas, así como Asnauga (Asociación Náuticos de Galicia).

A primeira proba na tarde do sábado con saída puntual ás 15:00 horas para facer un percorrido os ORC de 16,6 millas dando a volta ás Illas de Ons e Onza, mentras que os veteráns viraban as balizas e faros de Picamillo e Camouco fronte ás illas, con 10,06 millas. Espectacular día de sol e viento do norte que oscilou entre os 12 e 18 nudos de intensidade con mar plana, polo que a proba foi moi rápida, gañando en orc de maior eslora o Oral Group Galimplant, que lle sacou en compensado tres minutos e medio ó Sebrala 2 e sete e medio ó Fuerza 4 que completaban o podium, mentras que nos orc de menor eslora gañaba o Albarellos, seguido a un minuto polo favorito Travesío e dous minutos ó Abal Abogados. Nos veteráns gañaba o Cassandra, seguido a un minuto e medio polo Taita e a catro e medio o Atxurri.

E a xornada dominical, a saída prevista para as 13:00 horas retrasouse case unha hora ata que se entablou un térmico do suroeste moi estable cunha media de 10 nudos de intensidade, aínda que en momentos houbo incluso catorce, nunha xornada novamente excelente de sol e mar plana. Nos orc maiores novamente o Oral Group impuxo a súa lei, seguido a cinco minutos e medio polo Fuerza 4 e un minuto máis o Youkounkoun. Nos orc menores gañaba o Travesío, seguido a catro minutos e medio polo Albarellos e un minuto máis o Camarón 20. Por último, en veteráns gañaba o Oliver II, seguido a sete e medio polo Cassandra e un minuto máis o Taita.

A entrega de premios na propia tarde do domingo coa asistencia da directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o concejal de deportes de Sanxenxo, Jesús Sueiro; o director xerente de Yacht Port Marinas, Manuel García e directivos do clube organizador encabezados polo seu presidente Javier Ruiz de Cortázar, presidente tamén de Asnauga.

As xerais finais dos primeiros quedaron da seguinte maneira,

Clasificación ORC 1
1. Oral Group/Galimplant (Salona 37 – Pedro Pazos / R.C.N. Sanxenxo) , 2 puntos
2. Fuerza 4 (Sun Fast 37 – Carlos García/ RCM Aguete ), 5 puntos
3. Sebrala 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz / RCN Sanxenxo), 6 puntos
4. You Koun Koun (JOD 35 – Afolfo Castro/ CN Portonovo), 7 puntos
5. Cuelebre primero (Bavaria 42 – Roberto de la Puente / CN Portonovo), 11 puntos

Clasificación ORC 2
1. Travesío (Yatlant 24 – Pablo de la Riva / RCN Sanxenxo), 3 puntos
2. Albarellos (Sun Odissey 32 - Fernando Rey / CN Portonovo), 3 puntos
3. Abal abogados/Lagar de Pintos/Fanautic ( First Class 8– Mariano Dios / MRCY Bayona), 7 puntos
4. Camarón 20 (Yatlant 24 – Javier Pérez / Ro Yacht Club), 8 puntos
5. Squid (First 235 – Francisco Lusquiños / CN Portonovo), 9 puntos

Clasificación Clásicos/Veteráns.
1. Cassandra (Hylliard 37 – Javier Pazó / CN Portonovo), 3 puntos
2. Oliver II (Brin de Folie – José Mª Tilve / RCM Aguete ), 5 puntos
3. Taita (Puma 38 – Francisco Martínez/ CN Portonovo), 5 puntos
4. Atxurri (Sangría – Ana Pazó / CN Raxó), 8 puntos
5. Pregrina (Puma 23 – Carlos Núñez / CN Portonovo), 10 puntos