Reanudanse as regatas de cruceiros na Ría de Pontevedra

A XV Regata de Cruceiros Náutico Portonovo celebrase o vindeiro fin de semana na Ría de Pontevedra


13/07/2017 |   O Club Náutico de Portonovo organiza esta regata para Cruceiros ORC e Veteráns

Portonovo, 13 de Xullo de 2017.-

Tras un periodo de case un mes sen actividade crucerística deportiva na zona, este vindeiro fin de semana, 15 e 16 de xullo, disputarase en augas da Ría de Pontevedra a 15ª edición da Regata de Cruceiros Club Náutico Portonovo que organizará dito clube coa colaboración da sociedade pública Galicia Calidade e as firmas empresariais Gadisa, Yacht Port Marinas, correduría Lorente y Rivas, así como Asnauga (Asociación Náuticos de Galicia).

As probas consistirán en sendos percorridos costeiros con distancias adaptadas ás clases participantes, segundo sexan cruceiros ORC ou Veteráns e as súas respectivas prestacións, comezando o sábado día 15 ás 15:00 horas e o domingo día 16 ás 13:00 horas.

As previsións meteorolóxicas son clásicas do verán e bastante mellores que as da anterior edición onde na segunda xornada soamente conseguiron finalizar tres embarcacións das casi trinta que participaban.

Lembremos que o cadro de honor no 2016 quedou da seguinte maneira,

Clasificación ORC 1
1. Oral Group (Salona 37 – Pedro Pazos / R.C.N. Portosín)
2. You Koun Koun (JOD 35 – Afolfo Castro/ CN Potonovo)
3. Sebrala 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz / RCN Sanxenxo)

Clasificación ORC 2
1. Vagalume (Beneteau 25 – Luis Vidal / RCN Sanxenxo)
2. Santiago Roma Rías Baixas (Fortuna 9 – Iñaki Carbajo / CN Beluso)
3. Aeris ( First Class 8– Mariano Dios / Ro Yachts Combarro)

Clasificación ORC 3
1. Travesío (Yatlant 24 – Pablo de la Riva / RCN Sanxenxo)
2. Piko Norte (Bavaria 32 – José Manuel Castro / CN Boiro)
3. Velaiño (Yatlant 24 – José Luis Lastra / CN Beluso)

Clasificación Clásicos/Veteráns.

1. Oliver II (Brin de Folie – José Mª Tilve / RCM Aguete )
2. Taita (Puma 38 – Francisco Martínez/ CN Portonovo)
3. Cassandra (Hylliard 37 – Javier Pazó / CN Portonovo)