Rachas de 50 nudos e mar gruesa na ría de Pontevedra

As extremas e duras condicións meteorolóxicas obrigan a anular a Segunda etapa Trofeo Concello de Marín da Regata Interclubles de Cruceiros da Ría de Pontevedra


05/02/2017 |   Ro Yachts, Vagalume, Travesío, Fuerza 4, Cassandra e Troscado seguen polo tanto encabezando a regata trala primeira proba válida

Aguete, 04 de Febreiro de 2017

Non puido ser. As borrascas “kurt” e Leiv” azotaron sen compasión durante este fin de semana as costas galegas e as condicións na Ría de Pontevedra á hora prevista da saída da segunda etapa da Regata Interclubes da Ría de Pontevedra que correspondía organizar ó Real Club de Mar de Aguete eran de ventos constantes de 28 nudos con rachas de ata 50 e mar gruesa de casi 4 metros (increíble para o interior dunha ría), con previsión de ir en aumento, como finalmente foi, co cual o Comité de Regata e organizador decidiron anular definitivamente a etapa, condición que xa o día anterior habían elucubrado á vista dos partes meteorolóxicos, aínda que xa se sabe que estas cousas as veces cambian.

O Comité organizador que compoñen a Regata Interclubes organizada en conxunto polo Club Náutico de Portonovo que este ano lle corresponde ser líder do evento, ademáis do Ro Yachts Club de Combarro, Real Club de Mar de Aguete, Comisión Naval de Regatas da ENM, Real Club Náutico de Sanxenxo e Club Náutico de Beluso, coa colaboración do Concello de Marín, Froiz, North Sails, Opticalia Campelo, Aselp Consultores, Landín informática e Efectos Navais Jesús Betanzos, consideraron en boa lóxica que a seguridade nun evento é o primeiro e por iso a anulación da etapa. De todas formas, como a etapa era puntuable para o Trofeo Concello de Marín que puntuaba conxuntamente coa etapa da Escola Naval, a organización sí que neste caso a aplaza para outra das etapas restantes onde organizará un percorrido de paso por Marín.

A xornada non quedou en branco, xa que no Real Club de Mar de Aguete organizouse para os participantes unhas charlas/coloquios de Regramento de regatas e sistema de compensación de regatas de cruceiros con gran asistencia, seguindo co espíritu de promoción e formación deste evento.
As espadas quedan en alto pois ata a seguinte etapa que lle toca organizar ó Club Náutico de Portonovo o vindeiro sábado 18 de febrero.
Polo tanto, as clasificacións se manteñen firmes dende a celebración da magnífica etapa de Combarro, e que lideran nas respectivas clases,
Clase Froiz (ORC 1) o Ro Yachts (Ro 340 – Rolando Andrade – Ro Yachts Club); na Clase Opticalia Campelo (ORC 2) o Vagalume (Benetau 25 – Luis Vidal – RCN Sanxenxo); na Clase North Sails (ORC 3), Travesío (Yatlant 24 – Pablo de la Riva – RCN Sanxenxo); na Clase Grupo Aselp (ORC 4 Open) o Fuerza 4 (Sun Fast 37 - Carlos García – RCM Aguete), na Clase Landín Informática (Veterans e Clásicos) o Cassandra (Hyllard half ton – Javier Pazó – C.N. Portonovo) e na Clase Efectos Navais Jesús Betanzos (Mini23) o Troscado (First 211 – Antón Cacabelos – RCM Aguete)