Comezo das accións formativas


29/06/2020 |   Comezan as accións formativas da escola de actividades náuticas do Club Náutico de Portonovo. Este ano cunha novidade importante, a inclusión dun módulo formativo e informativo sobre iniciativas de melloras ambientais, boas prácticas en medio ambiente e concienciación ecolóxica no ámbito mariño, no que se distribuirán un manual de boas prácticas específico para esta actuación. Esta nova actividade está patrocinada polo FEMP a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Grupo de acción local do sector pesqueiro de Pontevedra GALP6, e encuadrase dentro do proxecto, Portos sostibles: actuación, prevención e concienciación en medio ambiente mariño e se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.

Pretendemos fomentar dun xeito transversal a concienciación no respeto ó medio ambiente e a aplicación de boas prácticas, coa participación duns 100 xóvenes de entre 8 e 14 anos, cunha preferencia das mulleres nos mesmos.

Estos cursos desenvolveranse de luns a venres en horario de mañá, preferentemente.