"Portos sostibles: actuación, prevención e concienciación en medio ambiente mariño"


30/10/2020 |   Procedeuse á instalación da plataforma para o punto limpo, o que redundará nunha mellor recollida selectiva do lixo no porto deportivo, así como unha mellor imaxen do mesmo. Por outra banda, pretendemos concienciar en boas prácticas medio ambientais, contribuindo á mellora do litoral.

Esta é a segunda actuación englobada no proxecto "Portos sostibles: actuación, prevención e concienciación en medio ambiente mariño" financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea (FEMP), co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia no Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro GALP6.

Para o ano 2021 seguiremos coa Instalación dunha plataforma de loita contra o fogo e contaminación mariña, que permitirá unha mellor organización dos medios contra a contaminación mariña, e unha posta a disposición dos equipos profesionais que loitan contra ela.