Portos sostibles: actuación, prevención e concienciación en medio ambiente mariño


03/08/2020 |   Durante os meses de xullo e agosto, o Clube Náutico de Portonovo imparte na súa escola de actividades náuticas un módulo de formación e información sobre iniciativas de melloras ambientais, boas prácticas en medio ambiente e concienciación ecolóxica no ámbito marítimo, con manuais propios. Esta actividade está patrocinada polo FEMP a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Grupo de acción local do sector pesqueiro de Pontevedra GALP6.