6ª REGATA INTERCLUBES DA RÍA DE PONTEVEDRA


23/01/2020 |   O vindeiro Xoves 16 de xaneiro ás 13.00 horas, presentarase nas instalacións do Real Club de Mar Aguete, o evento deportivo de Vela denominado 6ª REGATA INTERCLUBES DA RÍA DE PONTEVEDRA para distintas clases de vela tipo Cruceiro que dará comezo o sábado 25 de xaneiro e organizado polo Ro-Yachts Club Combarro, Real Club de Mar Aguete, Club Náutico Portonovo, Club Náutico Beluso, Real Club Náutico Sanxenxo e Comisión Naval de Regatas ENM.

O acto estará presentado polos representantes dos Concellos de Poio, Marín e Sanxenxo, Escola Naval Militar, Real Federación Galega de Vela, Clubes organizadores e entidades e firmas colaboradoras, cuios nomes os confirmaremos nestos días.

Esperando ter o honor de contar coa vosa presenza, recibide un afectuoso saudo,

Lembren:

DATA: Xoves, 16 de Xaneiro de 2020

HORA: 13.00 horas

LUGAR: Real Club de Mar de Aguete (Edificio Náutico-Social)
muelle de Aguete – SEIXO (MARÍN)
tfnº sede: 986 702373

(Ó finalizar, servirase un aperitivo – viño español ós asistentes)

Pdta.) Para confirmar asistencia ou consultar calquer dúbida ou cuestión, pregamos se poñan en contacto co Real Club de Mar de Aguete, líder do Comité Interclubes para a presente edición (986 70 23 73) ou co noso Gabinete de Prensa e Comunicación do evento, DESMARQUE S.L. (607 698 414)

doc