Emocionante etapa final con moitas alternativas e cambios de liderazgo ata o último tramo. O vento do Norte que empezou con forza foi de máis a menos e escaseando ó entrar na ría de Pontevedra.

Camping Ría de Arosa, Bon III, Travesío e Voodoo vencedores finais da Regata Hotel Galatea Trofeo Conservas Pescamar de Cruceiros


26/08/2019 |   Portonovo.- domingo, 25 de Agosto de 2019

Emoción ata o final, sobre todo na clase 1 onde a victoria, tanto da xeral como da etapa, dilucidouse nas tres últimas millas da segunda e definitiva etapa da Regata Hotel Galatea – Trofeo conservas Pescamar para Cruceiros celebrada este domingo entre Boiro e Portonovo e que organizou o longo deste fin de semana o Club Náutico Portonovo contando coa colaboración do Club Náutico de Boiro-Marina de Cabo de Cruz e o Concello de Boiro.

A saída desta segunda etapa deuse puntual ás 12:00 horas fronte á mariña de Cabo de Cruz para facer 17,3 millas de percorrido, con vento do nordeste e 10 nudos de intensidade con un desmarque previo que puxo o comité de regatas o vento e no que destacou sobre os demáis o "Alma do Mar" que con forza escapouse logo en rumbo de popa cara a saída da ría de Arousa e poñéndose lider temporalmente da etapa e xeral da clase 1 Hotel Galatea. Únicamente veuse inquietado en algúns momentos polo "Raygrass III" que estivo igualmente de líder en algún momento. E mentras tanto, o líder do día anterior, o "Sebrala 2" non conseguía en ningún momento recuperar velocidade cos ventos portantes que chegando á Lanzada comezaron a baixar ata os 5 nudos con algún pouco que outro o chegar ó faro do Picamillo e a partir de ahí, faltando tres millas para a chegada, o "Camping Ría de Arousa" aproveitou seus mellores prestacións con ventos lixeiros e arrasou á flota gañando en tempo compensado cunha "carambola" ademáis, que lle fixo gañar tamén na xeral tras meter barcos polo medio os seus mais directos rivais. Tras él na etapa na clase 1 quedaron o ""Alma do Mar" a 38 segundos e o "Raygrass III" a case tres minutos. E tras eles, "Arnoia", "Sebrala 2", "Chispetren" e "Berlinguiño II".

Na Clase Orc 2 Conservas Pescamar, o "Travesío" novamente demostrou non ter rival entre os máis pequenos, gañando en compensado por casi 16 minutos o "Espita" e máis de 20 minutos o "Quen Vai".

A Clase Solitarios e A Dous tivo esta vez unha gran victoria do "Kairos IV" que tamén aproveitou a súa velocidade con ventos portantes e lixeiros, remontando dende A Lanzada e gañando en compensado por un minuto e un segundo o "Bon III" e por un minuto e 7 segundos o "Smaku".

Na clase Gadis Open, tras quedarse parados ante a líña de chegada xa dentro da ría de Pontevedra, ningún conseguiu entrar en tempo.

Os podios definitivos nas distintas categorías quedaron así:

Clase Hotel Galatea (Grupo 1)
1º) Camping Ria de Arousa ( Ro 330 – Jose M. Pombar – CN Boiro), 5 puntos
2º) Raygrass III (Dufour 34 – Ton Núñez – CM Carrumeiro), 5 puntos
3º) Sebrala 2 (Bavaria 50 - Magin Alfredo Froiz – RCN Sanxenxo), 6 puntos
4º) Alma do Mar (First 34.7 – Nito Enriquez – CN Sada), 7 puntos
5º) Chispetren (Dufour 40 – Jesús Iglesias – CN Rianxo), 9 puntos

Clase Conservas Pescamar (Grupo 2)
1º) Travesío (Yatlant 24 – Pablo de la Riva – RCM Aguete), 2 puntos
2º) Espita (Ro 330 – José Luis Lastra - CN Beluso), 5 puntos
3º) Quen Vai (Ro 330 – Laureano Santiago – RCM Aguete), 5 puntos

Clase Solitarios e A Dous
1º) Bon III (J 109 – Victor Carrión y Ana Sardiña – CN Punta Lagoa), 3 puntos
2º) Youkounkpun (Jod 35 – Adolfo Castro y Martín Paz – CN Portonovo), 6 puntos
3º) Smaku (Bavaria 34 - Alfonso Rodríguez – L.M. Bouzas), 6 puntos

Clase Gadis Open Veteráns
1º) Voodoo (Phamtom 34 – Gerardo Iglesias – Club Dorna Meca), 5 puntos
2º) Cassandra (Hillyard 12 ton – Javier Pazó – CN Portonovo), 8 puntos
3º) Atxurri (Sangría – Ana Pazó – CN Razó), 8 puntos

A entrega de premios da regata tivo lugar na propia tarde do domingo no Hotel Galatea coa asistencia dol Concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Daniel Arosa; o Capitán de Corbeta, Pablo Varela Sánchez por parte da Escola Naval; o propietario do Hotel Galatea, José Luis Prieto e o seu xerente Laura Fernández, así como ol presidente de Asnauga e do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruiz de Cortázar ca súa Xunta directiva.